Skip to content

GPP defenderá no pleno que Xunta e Fegamp determinen os investimentos prioritarios en obras hidráulicas e establezan unha tarifa de referencia

Santiago, 14 de marzo de 2017.- A Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) determinen os investimentos prioritarios en materia de obras hidráulicas, establecendo unha estrutura tarifaria de referencia; así como o despregamento de redes de telecomunicación de nova xeración de moi alta capacidade en Galicia, de xeito que antes do 1 de xaneiro de 2020 o 90 por cento da poboación rural galega dispoña de conexión a internet de 30 megabytes.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que na sesión plenaria da vindeira semana terá lugar a comparecencia de dous novos conselleiros para dar conta dos seus plans e proxectos nesta lexislatura: a do Medio Rural e a do Mar.

 

AUGAS E INTERNET

 

Respecto das proposicións non de lei, o Grupo Popular defenderá no Pleno que a Xunta dea prioridade á negociación coa Fegamp para que no vindeiro ano se determine os criterios dos investimentos en materia de obras hidráulicas e o establecemento dunha estrutura tarifaria de referencia.

 

Puy explicou que este obxectivos cumpriría o recollido tanto na Lei de augas de Galicia aprobada en 2010 como no protocolo de colaboración e desenvolvemento do Pacto Local para a xestión do ciclo da auga asinado en 2013. “Tanto a Consellería do Medio Ambiente como a Fegamp teñen amosado a súa vontade para avanzar no desenvolvemento das medidas recollidas neste pacto en relación á xestión da auga en Galicia”, apuntou.

 

A segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que o Goberno central e a Xunta colaboren para desenvolver unha actuación conxunta de despregamento de redes de telecomunicación de acceso de nova xeración de moi alta capacidade (ata 100 megabytes).

 

Ademais, demándase que os operadores completen, antes do 1 de xaneiro de 2020, unha cobertura que permita o acceso a unha velocidade de 30 megabytes ao 90 por cento dos habitantes das poboacións de menos de 5.000 habitantes de Galicia.

Pedro Puy salientou o “esforzo que se está a facer desde a Xunta de Galicia para achegar as redes de comunicación a toda a cidadanía galega”. En concreto, indicou que na actualidade máis do 99 por cento da poboación ten cobertura por enriba de 2 Mbps, o 61,27 por cento supera os 30 Mbps e o 57,96 por cento conta con 100 Mbps.

 

TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO

 

No apartado de preguntas ao Goberno galego, os deputados do Grupo Popular cuestionarán sobre a marcha do proceso de adaptación tecnolóxica que debe realizar o Concello de Vigo para a incorporación efectiva do transporte urbano no Plan de transporte metropolitano; e sobre os datos recentemente publicados de abandono temperá en Galicia en 2016.

 

A modo de resumo, o portavoz popular indicou que a orde do día do Pleno incorpora 29 cuestións, das que dúas son comparecencias de membros do Goberno galego e outras catro corresponden ao Grupo Popular. Polo tanto, as 23 iniciativas restantes, é dicir, o 80 por cento das cuestións da sesión plenaria, corresponden aos grupos da oposición.

 

“Para os grupos de En Marea e BNG foi máis urxente solicitar a opinión do Goberno sobre as inapropiadas declaracións do alcalde de Noia, sobre a situación da empresa Pescanova, sobre a suposta defensa das empresas eléctricas en Galicia ou sobre a igualdade, deixando á marxe cuestións que xa coñecían como as novas decisións do xuíz que leva o accidente de Angrois”, indicou.

 

INVESTIGACIÓN PARLAMENTARIA NAS CORTES XERAIS

 

Cuestionado sobre a constitución no Parlamento galego dunha comisión de investigación sobre este accidente ferroviario, Puy reiterou que a Cámara galega “non ten capacidade para investigar sobre competencias exercidas por funcionarios do Estado” e lembrou que “se se quere investigar o accidente de Angrois en sede parlamentaria ten que crearse unha comisión de investigación nas Cortes Xerais”.

 

“Se creamos en Galicia unha comisión conscientes de que os que exerceron as competencias teñen dous motivos que xustificarían a súa inasistencia, como que son funcionarios do Estado e responden ante as Cortes Xerais, e que ademais están suxeitos a un procedemento penal, isto dificultaría enormemente chegar a unhas conclusións minimamente baseadas en datos reais sobre o que pasou en Angrois”, engadiu.

 

Ademais, o portavoz popular subliñou que “Galicia respondeu ben a través dos servizos sanitarios e protección civil, ao tempo que houbo unha resposta exemplar do pobo galego” e manifestou que “a actuación da Xunta xa foi fiscalizada polo Parlamento galego e ninguén pon en dúbida que a actuación foi correcta e á altura das necesidades requiridas”.

Noticias recomendadas

O Parlamento galego demanda a finalización do proceso de dixitalización dos quirófanos das sete áreas sanitarias de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta finalice o proceso de dixitalización
O Parlamento galego demanda que a nova Lei de familias estatal atenda as demandas de Galicia e incorpore o concepto de familia numerosa
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a través da que se
O Grupo Popular critica a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de eliminar as peaxes en 1.000 quilómetros de autoestradas, o triplo de lonxitude dunha AP-9 que se nega a rescatar e quitar os pagos
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Roberto Rodríguez, criticou hoxe no Parlamento galego que a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de iniciar os trámites para eliminar as peaxes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies