O PP de Galicia quere amosar unha vez máis o seu recoñecemento a todas as mulleres, que con ilusión, tenacidade, ideas, capacidade, identidade e paixón son un piar fundamental para Galicia.
Foron e son moitas as mulleres que fixeron e fan posible a Galicia de hoxe, xa que a nosa historia é unha historia de mulleres; mulleres que apostaron por ver crecer esta terra; mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e nos ensinaron o noso valor como pobo.
Galicia non se entende sen o rural, xa que apresenza e actividade das mulleres demostrou ser clave para un desenvolvemento pleno e sostible, o cal constitúe unha garantía de viabilidade, identidade, progreso e cohesión para toda a sociedade. As mulleres rurais son esenciais para asentar a poboación e para loitar contra o despoboamento.
Poñer en valor e recoñecer a posición das mulleres no medio rural, e garantirlles igualdade de oportunidades, é necesario dende diversos puntos de vista. O futuro do medio rural pasa pola creación de máis oportunidades e por mellorar a situación laboral das mulleres, pero tamén teñen que apoiarse as súas opcións educativas, culturais, de ocio, de acceso a tecnoloxías, servizos e infraestruturas.
A singularidade das mulleres rurais require dunha atención específica que teña en consideración as súas diferentes necesidades e expectativas. Tanto a administración, coma o sector empresarial e demais axentes sociais públicos e privados deben encamiñarse cara actuacións coordinadas que afronten ditas particularidades.
É imprescindible acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do rural. Iso ten que ser a nosa prioridade. E temos que facelo reducindo a fenda de xénero existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un desenvolvementosostible e equitativo do noso rural.
Dendeo PP de Galicia estamos convencidos de que hai que seguir priorizando diferentes áreas de actuación co obxecto de acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes do rural galego:
A visibilización da muller no rural, por exemplo, remite á necesidade de potenciar as características propias, diferenciais e as veces descoñecidasdendeunha perspectiva urbana.
Neste eido asasociacións rurais e as accións que levan a cabo son clave para dinamizar a participación das mulleres na toma de decisións do eido rural, así como un pulo a dinamización económica, social e cultural do mesmo.
As mulleres rurais desempeñan unha función social e económica que non está compensada cun recoñecemento en canto a dereitos efectivos, visibilización e valoración das súas achegas.
Son as mulleres as que, de forma maioritaria, se responsabilizan das economías familiares, do traballo doméstico e da atención á infancia e ás persoas en situación de dependencia. Debe ser una obriga por parte da sociedade poñer en valor ese traballo, visibilizando e dotándoo de recoñecemento.
Tamén a promoción do emprendemento como ferramenta de creación de valor, de oportunidades e de autonomía económica e persoal ten que ter toda a nosa atención como partido e como sociedade. O futuro do medio rural pasa por mellorar a situación laboral das mulleres e fomentar o emprendemento feminino, así como a procura de nichos de riqueza inexplorados no territorio.
Ainda que o emprendemento feminino no rural é superior ó masculino, esto non vai acompañado do seu empoderamento.
É preciso que as mulleres do rural incrementen a súa capacidade de configurar as súas propias vidas e o seu entorno, unha evolución na concienciación das mulleres sobre si mesmas, o seu estatus e a súa eficacia nas interaccións sociais.
Así hai que incentivar a incorporación das mulleres aos órganos de decisión do sector agroalimentario e de desenvolvemento rural, para avanzar nunha maior presenza institucional destas nos ámbitos de decisión do medio rural.
As organizacións agrarias, as cooperativas e os grupos de desenvolvemento rural deben contar cunha presenza feminina en órganos directivos acordes coa realidade das mulleres rurais.
Ademais, as tic brindan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural. O fomento do coñecemento e o uso avanzado das tecnoloxías da información e das comunicacións é un instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e de futuro.
A fenda dixital de xénero é un indicador de exclusión e inclusión, sendo a alfabetización tecnolóxica un elemento fundamental no desenvolvemento rural. O fomento do coñecemento e o uso avanzado das tecnoloxías da información e das comunicacións, é un instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e de futuro.
Por supuesto é necesario poner a foco na conciliación da vida familiar e laboral como actividade que implica compartir, distribuír equitativamente e responsablemente as oportunidades en tódolos eidos da vida: familiar, laboral, social, económica e persoal.
A pesar do recoñecemento formal do reparto das tarefas de conciliación, na práctica segue a ser asumida de xeito maioritariopolas mulleres. A conciliación é un tema de mulleres e homes, posto que afecta a toda a sociedade. Esta abrangue ó coidado das fillas e fillos e tamén ó coidado das persoas en situación de dependencia.
O desigual reparto das cargas familiares e de coidados ou as dificultades de conciliar a vida familiar, laboral e persoal son unha das principais causas de que as mulleres do eido rural teñan que elixir entre a familia e o traballo ou un posto de responsabilidade na toma de decisións.
É preciso continuar coa implantación de medidas de conciliación e corresponsabilidade promovendo e apoiando proxectos destinados á creación de servicios que faciliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar nos concellos rurais.
A conclusión non pode ser outra que subliñar que o importante papel das mulleres como motores de desenvolvemento e crecemento das zonas rurais non se corresponde aínda coa súa presenza e peso específico na toma de decisións no medio rural.
Dende o PP de Galicia estamos convencidas de que é imprescindible seguir mellorando a situación das mulleres rurais como un mecanismo para conquerir o desenvolvemento firme e sostible de Galicia.
É fundamental entender o seu valor, fomentar a súavisibilidade e impulsar una igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego. Seguir a impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.