Santiago, 4 de xaneiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, lamentou hoxe que o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, “viñera a O Barco a facer demagoxia e a mentir sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia que transformará a Valdeorras en distrito sanitario, e que permitirá blindar por lei a permanencia e actividade do Hospital Comarcal”.
O deputado popular acusou aos socialistas de ter “memoria selectiva e agora pretender ocultar que o goberno Bipartito, cunha socialista ao fronte da Consellería de Sanidade, no ano 2008, presentaron unha proposta de Ordenación Sanitaria de Galicia, deixando una soa área sanitaria na provincia de Ourense, convertindo a Valdeorras en zona sanitaria”.
“Que non veñan agora a dar leccións de ordenación do mapa sanitario cando o Bipartito pretendía que fósemos unha zona sanitaria sen garantizar a existencia do Hospital Comarcal, como agora si se fai coa reforma da Lei de Saúde, transformando a Valdeorras en distrito sanitario, o que permite blindar por lei a permanencia e actividade do Hospital Comarcal” indicou o deputado popular, engadindo que “entre outras cuestións facilitará a mobilidade dos facultativos, posibilitando que os especialistas se despracen a Valdeorras con máis frecuencia e evitando, deste xeito, os desprazamentos a Ourense”.
O deputado popular rexeitou as críticas ao respecto do aumento dos desprazamentos a Ourense indicando que “cómpre lembrar que desde o ano 2011, co modelo das EOXI, foron evitados case 47.000 desprazamentos aos pacientes que foron atendidos no Hospital de Valdeorras e coa reforma seguirán evitándose xa que promoverá que os especialistas poidan acercarse e con maior frecuencia ao Hospital”.
Sobre a calidade asistencial, Moisés Blanco inidicou que “non se perde en absoluto, xa que se crea o distrito sanitario como marco de referencia para a coordinación da atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria, se crearán máis e mellores servizos sanitarios e a atención será máis próxima ao domicilio, polo que os pacientes serán os grandes beneficiados da actualización da Lei”.
Moisés Blanco recordou o incremento de especializadades desde o ano 2012 “pasando de ter tres: Cardioloxía, Neuroloxía e Oncoloxía Média a ter dez, engadíndolle Dixestivo, Endocrinoloxia, Medicina Preventiva, Pediatría, Rehabilitación, Reumatoloxía e Uroloxía, cun incremento en consultas que pasaron de 4.286 no 2012 a 64.707 no primeiro semestre do actual 2017”.
O deputado popular tamén fixo referencia aos investimentos desde o ano 2012 ata o primeiro semestre do actual 2017 de preto de 1.500.000 euros, destacando entre eles o TAC, o mamógrafo ou o detector radiolóxico dixital.
Moisés Blanco salientou que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 recollen unha partida orzamentaria de 520.000 euros para actuacións no Hospital de Valdeorras, “unha mostra máis da aposta do Goberno galego polos hospitais comarcais e a mellora da atención sanitaria que reciben todos os veciños desta comarca”.
En concreto, o deputado popular dixo que “este investimento destinarase, entre outras actuacións, á mellora da zona de consultas externas, do hospital de día, da cirurxía maior ambulatoria ou na creación de novas zonas de traballo na área de farmacia”.
O deputado popular quere agradecer o excelente traballo dos profesionais do Hospital Comarcal de Valdeorras, e lembra que o reforma da Lei de Saúde aínda pode ser mellorada no trámite parlamentario que se iniciará nas vindeiras semanas no Parlamento de Galicia.