Santiago, 11 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo asegurou hoxe no Parlamento que “o Servizo Galego de Saúde garante a asistencia sanitaria en atención primaria a toda a poboación durante a época estival, do mesmo xeito que no resto dos meses do ano, ao mesmo tempo que compatibiliza os dereitos dos traballadores ao seu descanso vacacional”.
No caso do centro de saúde de O Rosal, indicou que “a día de hoxe dispón de citas na axenda médica para este mesmo día ou para mañá”.
Encarna Amigo explicou que, “para garantir a mellor atención sanitaria posible, o Sergas está a desenvolver todas aquelas medidas que permitan unha cobertura das ausencias con persoal das listas de contratación”. “Contrátase a todos os profesionais dispoñibles para as substitucións de vacacións, ao tempo que se formalizan reforzos nas zonas de afluencia turística, non só a nivel de centros de saúde, senón tamén nos servizos de urxencia”, engadiu.
GALICIA LIDERA ADOPCIÓN DE INICIATIVAS
Neste sentido, lembrou que no marco do novo Plan Galego de Atención Primaria “adoptáronse medidas como a convocatoria da oferta pública de emprego máis importante da historia, a prolongación da idade de xubilación ou a aprobación do nomeamento estatutario eventual de continuidade”. “Un total de quince comisións sectoriais traballan neste proceso de reforma da atención primaria, dotado cun orzamento de máis de 100 millóns de euros e no que se recollen 200 accións a desenvolver a curto, medio e longo prazo”, sinalou.
“Galicia continúa liderando a adopción de iniciativas para paliar a carencia de especialistas e mellorar a atención primaria, nun momento de carencia de profesionais e cun paro cero tanto en medicina de familia como en pediatría”, manifestou a deputada popular.
Santiago, 11 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo asegurou hoxe no Parlamento que “o Servizo Galego de Saúde garante a asistencia sanitaria en atención primaria a toda a poboación durante a época estival, do mesmo xeito que no resto dos meses do ano, ao mesmo tempo que compatibiliza os dereitos dos traballadores ao seu descanso vacacional”. No caso do centro de saúde de O Rosal, indicou que “a día de hoxe dispón de citas na axenda médica para este mesmo día ou para mañá”.