Santiago, 3 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o voto favorable de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a iniciar a elaboración da nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria, co obxectivo de coñecer a súa situación actual para definir as liñas estratéxicas e os obxectivos operativos, coa base da experiencia dos propios voluntarios. “Estamos orgullosos da Galicia que facemos entre todos, pero estamos especialmente orgullosos daqueles que constrúen esa Galicia con espírito altruísta, entregando o mellor de si sen esperar máis premio que a propia satisfacción persoal”, manifestou o portavoz popular de Asuntos Sociais, Alberto Pazos.
?️ @pazos_alberto na súa defensa dunha nova Estratexia Galega de Acción Voluntaria fala da solidaridade como valor fortemente arraigado na sociedade galega,”pasamos de 819 entidades no 2014 a 1076″ e as experiencias voluntarias multiplicáronse por 25 ? pic.twitter.com/KzSbgYaZeW
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) February 3, 2022
Na súa intervención, Pazos subliñou que “a solidariedade e o altruísmo son valores fortemente arraigados no conxunto da sociedade galega, e mostra indiscutible desta realidade é o crecemento constante e sostido que experimentou en Galicia o voluntariado social ao longo dos últimos anos”. En concreto, desde a entrada en vigor da orde que regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, as entidades contidas no mesmo pasaron de 819 en 2014 ás 1.076 que o conforman na actualidade.
?Chegou o momento de afrontar a elaboración dunha nova Estratexia de Acción Voluntaria adaptada á realidade, elaborada coa colaboración dos axentes do voluntariado,que defina as liñas explorando novas necesidades e experiencias como as xurdidas na pandemia da covid-19 pic.twitter.com/WtiqwSa50s
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) February 3, 2022
“Deste xeito, e como calquera outra actividade social, o voluntariado precisa dunha axeitada planificación estratéxica para optimizar os seus esforzos”, indicou Alberto Pazos, quen considerou que “chegou o momento de afrontar a elaboración dunha nova Estratexia de Acción Voluntaria adaptada á realidade, elaborada coa colaboración dos axentes do voluntariado e que afonde na reivindicación e a promoción do espírito voluntario”.
INXERIDA NO PLAN ESTRATÉXICO DE GALICIA
O portavoz popular lembrou, ademais, que na actualidade estase a elaborar o Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030, no que se fixarán os retos e obxectivos da Galicia do futuro, “e na que a aportación do voluntariado resultará imprescindible para afrontalos con éxito”.
“Consideramos importante impulsar unha nova Estratexia de Acción Voluntaria inxerida neste Plan Estratéxico, que teña a perspectiva de xénero e o respecto á diversidade como principios básicos da súa acción”, concluíu.