Skip to content

O Parlamento galego demanda a Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da planta de As Somozas

Santiago, 10 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda á empresa Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da planta das Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo conxunta co Goberno de España, a Xunta e a representación dos traballadores da empresa, que teña como obxectivo atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro da planta.

Así mesmo, pídese á Xunta e ao Goberno central que utilicen todos os mecanismos á súa disposición para lograr que Siemens-Gamesa manteña esta planta, apostando pola súa modernización e pola implantación de novos proxectos industriais que garantan a carga de traballo para os traballadores da empresa.

 

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, amosou “todo o noso respaldo aos traballadores afectados pola decisión de Siemens-Gamesa, compartimos a súa preocupación e faremos todo o posible para axudar na súa loita por continuar traballando, máis se cabe neste momento de transición ecolóxica na que a industria eólica debe ter un papel protagonista”. Neste sentido, representantes do Comité de Empresa da fábrica asistiron en directo, convidados polo Grupo Popular, ao debate desta proposición non de lei no Pleno.

 

TRANSICIÓN ECOLÓXICA

 

Na súa intervención, Tellado cualificou de “deslocalización inadmisible” a decisión da empresa de pechar todas as súas fábricas en España para trasladalas a outros países buscando unha fiscalidade e uns custes laborais máis reducidos. Deste xeito, criticou ao Goberno central pola súa política de transición ecolóxica que “abandona a industria tradicional, pecha as centrais térmicas 20 anos antes e permite que unha planta de palas eólicas peche sen solución de continuidade, todo elo engadido a que os fondos de transición ecolóxica non dan chegado e deberían asegurar a continuidade da planta de As Somozas”.

 

Miguel Tellado demandou ao Ministerio de Traballo que “revise e analice o expediente de ERE porque nós cremos que non é de recibo”. Así, manifestou que Siemens-Gamesa “ten propostas de pedidos enriba da mesa de empresas eólicas galegas, logo da intermediación da Xunta, que lle dotarían de carga de traballo para varios anos”.

“Os gobernos deben traballar da man”, sinalou o viceportavoz popular, quen subliñou que “a Xunta actuou e o leva facendo desde hai meses, ofrecendo colaboración económica, financeira, na busca de posibles contactos e mediando con empresas galegas do sector eólico”. Apuntou que “pretendemos que en As Somozas se poida construír un novo modelo de pala eólica que permitiría carga traballo inmediata”.

Para rematar, Tellado incidiu que “o inimigo común chámase Siemens-Gamesa e todos os grupos políticos e as administracións debemos traballar xuntos para conseguir reverter a decisión da empresa e que a planta de As Somozas siga aberta”.

REINDUSTRIALIZACIÓN DE FERROL

Por outra banda, no debate dunha proposición non de lei do PSeG sobre a reindustrialización da comarca de Ferrolterra, o viceportavoz popular alertou de que “cada vez que escoitamos a un socialista falar de reindustrialización botámonos a tremer, porque esa batalla xa nola contaron tantas veces e sempre co mesmo resultado: centos de despedimentos, cortinas de fume e manobras de distracción”.

En concreto, Miguel Tellado insistiu que “neste momento son catro os problemas que afectan directamente á comarca de Ferrolterra: ausencia total de carga de traballo en Navantia Fene-Ferrol; o peche anticipado e inxustificado da central térmica de As Pontes; a deslocalización de Siemens-Gamesa e o peche da súa planta en As Somozas; e a falta dun prezo competitivo para a industria electrointensiva”.

“Todas as administracións públicas teñen que contribuír para sacar a Ferrol desta crise, pero o Goberno de España ten nas súas mans poñer solucións inmediatas para resolver estes problemas, coa contratación dun barco nos estaleiros da ría de Ferrol, a axilización da construción das fragatas F-110, o desenvolvemento do proxecto Estaleiro 4.0 ou a continuidade da central de As Pontes, orientando a súa actividade cara aos biocombustibles”, manifestou.

Noticias recomendadas

O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
O Parlamento galego pide reforzar a adaptación e integración educativa e pedagóxica do alumnado estranxeiro
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies