Skip to content

O Parlamento galego insta ao Concello de Santiago a iniciar, o antes posible, a redacción do proxecto de accesos á nova estación de autobuses

Santiago, 6 de xuño de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Concello de Santiago que inicie, o antes posible, a redacción do proxecto de accesos que garanta a funcionalidade á nova estación de autobuses a partir da rúa Clara Campoamor. “É preciso que o Concello lle dea un pulo a esta infraestrutura e coordine co resto de administracións as diferentes actuacións, nun exercicio de responsabilidade e cooperación institucional”, indicou a deputada popular María Antón Vilasánchez.

A estación intermodal de Santiago de Compostela é unha iniciativa que impulsan conxuntamente a Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento-ADIF e o Concello de Santiago de Compostela a través dun convenio marco asinado no mes de xuño de 2016. “Estamos ante unha actuación estratéxica non só para a cidade de Santiago senon para toda Galicia, que permitirá un intercambio de modos de transporte inmediato e sinxelo, facilitando así a viaxe e a conectividade con destino u orixe nesta cidade”, explicou María Antón.

 

ADIAMENTOS POR PARTE DO CONCELLO

Na súa intervención, a deputada popular fixo un repaso pola situación actual das obras desta nova estación intermodal. Así, indicou que o Ministerio de Fomento avanza día a día nas obras comprometidas, coas actuacións tanto nas vías como no edificio de servizos ou a cuberta da estación; e a Xunta está a avanzar na redacción do proxecto e licitación das obras da nova estación de autobuses, coa previsión de que neste verán comecen os traballos, cun prazo de execución de 18 meses e un orzamento de 10,4 millóns de euros.

“Ademais das demoras nos tempos nas actuacións que dependen do Concello de Santiago motivadas pola súa inoperancia, o goberno municipal, que tivo oportunidade de opinar e facer achegas sobre o traballo das outras dúas administracións, mantén unha postura opaca e pouco transparente ás solicitudes de información que se lle piden sobre os avances nas cuestións que son da súa responsabilidade, particularmente sobre a definición de accesos”, lamentou María Antón.

Máis en concreto, a deputada popular lembrou que “a nosa preocupación polo cumprimento dos compromisos asumidos polo Concello parte de feitos como que a autorización da sinatura do convenio para a futura pasarela, prevista para o mes de abril, tivo que adiarse ata finais de maio porque o goberno municipal de Compostela Aberta non orzamentou para 2018 o importe necesario para facer fronte aos seus compromisos economicos”, polo que o Concello “tivo que convocar un pleno extraordinario o pasado 15 de maio para aprobar unha modificación orzamentaria”.

Así mesmo, referiuse ao erro cometido polo Concello na tramitación da licitación do contrato para o deseño dos accesos á intermodal e a reurbanización da rúa Clara Campoamor, “vinculando, en primeiro lugar, esta licitación a un prego de prescricións técnicas doutra licitación e, en segundo lugar, porque os criterios de adxudicación na valoración de ofertas non se axustan á nova Lei de Contratos”. “O Concello tivo que modificar o pasado venres estes aspectos e, de paso, mudaron tamén o prazo para a presentación de propostas, pasando de 15 días a un mes, o que representa unha demora importante na tramitación do expediente”.

 

MELLORA DA MOBILIDADE

Diante destes feitos, a deputada popular indicou que “non podemos permitir que á data de finalización das obras da estación de autobuses non existan os accesos axeitados que permitan a súa entrada en servizo nas mellores condicións, garantindo a plena e correcta operatividade da estación”.

María Antón explicou que “uns accesos axeitados á estación e a remodelación do viario deberán supoñer a mellora da mobilidade en toda a zona e, polo tanto, unha vantaxe para a veciñanza de Santiago e daqueles outros que se desprazan todos os días por Santiago”.

“Non será admisible que a alta velocidade non chegue a Galicia no prazo establecido e cando iso suceda, Santiago terá que ter a unha estación intermodal que conte con todos os equipamentos e accesos previstos nos proxectos consensuados e asinados”, manifestou.

Noticias recomendadas

Paula Prado considera que a mensaxe de Alfonso Rueda é “un chamamento a seguir facendo entre todos que Galicia funcione sen poñerse límites e sen aceptar limitacións”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que a mensaxe de Fin de Ano transmitida hoxe polo presidente Alfonso Rueda constitúe “un chamamento a seguir facendo entre todos que
O PPdeG dá as badaladas de Fin de Ano por primeira vez na súa historia cun toque de humor
O Partido Popular de Galicia estrease dando por primeira  vez na súa historia as tradicionais badaladas de Fin de Ano, as súas particulares ‘camPPanadas’, e desexando un feliz 2025, cun
O PPdeG pide ao Goberno central “máis transparencia, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” coa autovía A-54 entre Santiago e Lugo
O Partido Popular de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez “máis transparencia cos seus proxectos, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” en relación á autovía A-54, que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies