Paula Prado apela a non caer no conformismo nin en dar todo por gañado logo da “sensación de vitoria” que xerou o cara a cara entre Feijóo e Sánchez este luns: “Nada está feito e as urnas están aínda baleiras, por iso o 23 de xullo hai que enchelas de papeletas do PP”.
Ana Vázquez cifra en máis dun 20% o aumento da delincuencia na provincia da Coruña e especialmente na cidade herculina desde o ano 2015, e en máis dun 150% no que respecta ao fenómeno da okupación en toda Galicia
⦁ A secretaria de Interior do PP e cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Ana Vázquez, cifrou en máis dun 20% o aumento da criminalidade na provincia da Coruña e especialmente na cidade herculina desde o ano 2015, e en máis dun 150% no que respecta ao fenómeno da okupación en toda Galicia
⦁ “Pedimos un voto útil pero sobre todo un voto seguro, uníndonos todos os galegos para defender a propiedade privada fronte á okupación, ao comercio fronte aos roubos e ás mulleres fronte á violencia de xénero”, afirmou
⦁ Vázquez destacou que en materia de seguridade o PP leva no seu programa electoral medidas concretas contra a ocupación ilegal de vivendas como é a penalización da multirreincidencia
⦁ Destacou que o PPdeG é o único partido de Galicia que ofrece un candidato á presidencia do Goberno e que Alberto Núñez Feijóo é o “único candidato que ofrece unhas propostas claras para cada recuncho de Galicia e o único que coñece cada pobo da nosa Comunidade”
⦁ “É o momento de que nos unamos en torno ao voto útil todos os que cremos na imperiosa necesidade de acabar coa mala xestión de Pedro Sánchez ao longo destes cinco anos”, concluíu
⦁ A candidata popular fixo estas declaracións logo de manter unha xuntanza con representantes dos principais sindicatos e asociacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: CEP, Federación Suboficiales, AEGC, UFP, ASESGC, SUP, APROGC, SPP, Asociación de Cabos, AUGC, JUPOL e JUCIL
PAULA PRADO: “AS URNAS ESTÁN BALEIRAS E HAI QUE ENCHELAS DE PAPELETAS DO PP”
⦁ A secretaria xeral do PPdeG incidiu en que, en paralelo ao aumento da criminalidade, ao longo destes anos foise dando unha diminución do número de efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: “A falta de presencia policial nas rúas fixo que se incrementase a inseguridade en todas as cidades galegas e especialmente na Coruña”
⦁ Apostou por defender a seguridade pero non só na rúa, senón tamén a seguridade xurídica da cidadanía e os seus dereitos á propiedade, recriminando ao PSOE que quixera reformar a Lei de seguridade cidadá
⦁ En clave electoral, Paula Prado fixo un chamamento ao voto en torno ao PP a todos aqueles que queren un cambio en España: “O único voto que garante que goberne o PP é o voto ao PP, non a outros partidos que din que o apoiarán e á hora da verdade non o fan”
⦁ Insistiu en non caer no conformismo nin en dar todo por gañado logo da “sensación de vitoria” que xerou o cara a cara entre Feijóo e Sánchez este luns: “Nada está feito e as urnas están aínda baleiras, por iso o 23 de xullo hai que enchelas de papeletas do PP”
⦁ A número dous dos populares galegos quixo ademais ter un recordo para Miguel Ángel Blanco no 26 aniversario do seu asasinato: “Fronte a un Goberno que rompeu todos os consensos, nós estamos do lado de todas as persoas que abrazaron o espírito de Ermua e deron a cara pola democracia”
MIGUEL LORENZO: “A SEGURIDADE É UN PIAR FUNDAMENTAL DUNHA SOCIEDADE DEMOCRÁTICA”
⦁ O presidente do PP local asegurou que a okupación é un dos principais problemas que existe na cidade da Coruña: “No barrio da Gaiteira provocou moitos inconvenientes a veciños e propietarios, pero tamén a establecementos que se viron obrigados a pechar por este asunto”
⦁ Miguel Lorenzo subliñou que a seguridade é “un piar fundamental dunha sociedade democrática” e destacou o compromiso e Alberto Núñez Feijóo de que, se é presidente do Goberno, unha das súas primeiras 100 medidas será poñer en marcha unha lei anti-okupación