Skip to content

O PPdeG esixirá no Parlamento galego que o Goberno central defenda en Europa os intereses da pesca galega do mesmo xeito que ao Mediterráneo

Os deputados do Grupo Popular Miguel Fidalgo e Felisa Rodríguez criticaron hoxe que o Goberno central priorizara defender os intereses da frota pesqueira do Mediterráneo fronte á galega na negociación dos novos TAC e as cotas pesqueiras, o que suporá un impacto para o sector pesqueiro galego de ata 65 millóns de euros. Por este motivo, anunciaron a presentación de iniciativas no Parlamento galego “para que todas as forzas políticas poidamos amosar o noso apoio á pesca galega e esixir un cambio de postura do Goberno de Pedro Sánchez: máis respecto aos nosos armadores e que non se primen os intereses do Mediterráneo sobre os da pesca galega”.

Nun encontro celebrado en Vigo con armadores galegos, Miguel Fidalgo e Felisa Rodríguez cualificaron de “pésimo” o resultado das negociacións dos TAC e das cotas pesqueiras acordados recentemente en Bruxelas, xa que se mantén o recorte do 70 por cento na xarda e se reducen un 40 por cento no lirio e un 13 por cento no abadexo.

“É deficiente que só se tivesen en conta criterios biolóxicos e non se atendesen os informes socioeconómicos que Galicia lle entregou, tanto á Comisión Europea como ao propio Ministerio, nos que se calculaba un impacto destas medidas para a frota galega de arredor de 65 millóns de euros”, lamentou Miguel Fidalgo.

RECORTES MÁXIMOS ATA O FINAL

Felisa Rodríguez criticou que “o interese do ministro nestas negociacións estivo centrado en mellorar as condicións do acordo para beneficiar ao sector pesqueiro do Mediterráneo, deixando a un lado a defensa da pesca galega e aceptando uns recortes que tanto a van prexudicar, chegando ata o punto de que os recortes máximos da proposta inicial acabaron plasmados no acordo fial”.

Diante desta situación, os deputados populares anunciaron a presentación no Parlamento de Galicia de iniciativas a través da que se esixa ao Goberno de Pedro Sánchez “un cambio e un respecto aos armadores galegos e ao bo traballo que levan desenvolvendo desde sempre, unha labor que debe ser recoñecida e defendida do mesmo xeito que está a facer co sector pesqueiro do Mediterráneo”.

Por último, Miguel Fidalgo criticou “a hipocrisía que o BNG está a demostrar neste asunto, porque mentres en Europa comparten bancada cos ecoloxistas, ao mesmo tempo son capaces de criticar desde Galicia que a Comisión Europea aplique criterios exclusivamente biolóxicos na súa decisión sobre as cotas pesqueiras sen incorporar a perspectiva socioconómica que beneficiaría á Comunidade galega”.

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta que o Goberno de Sánchez remate o ano mantendo o “boicot” ao traspaso da AP-9 a Galicia e inicie 2026 cun “castigo” na peaxe
O PPdeG lamenta que o Goberno de Sánchez remate o ano mantendo o boicot ao traspaso da autoestrada AP-9 a Galicia e vaia iniciar o 2026 cun “castigo” en forma
O PPdeG destaca que Galicia destinou este ano 36 millóns de euros en axudas para facilitar a incorporación de mozos ao agro galego
Os deputados do Grupo Popular Enrique Barreiro, Nicole Grueira e Raquel Arias visitaron hoxe a explotación gandeira de Lácteos Conchy en Friol, “unha mostra do impulso que a Xunta está
O PPdeG destaca que a Xunta o investimento de máis de 300.000 euros na recuperación e posta en valor da Igrexa de Santa María a Real en Entrimo
Os deputados do Grupo Popular Cristina Campero e José Luis Ferro salientaron hoxe o investimento de máis de 300.000 euros que a Xunta de Galicia está a facer na recuperación
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies