Skip to content

O PPdeG pon de exemplo a Lalín de como queren que sexan os concellos que gobernan: “Estables, ben xestionados e cada vez con mellores servizos”

O Partido Popular puxo hoxe de exemplo a Lalín de como queren que sexan os concellos que gobernan, neste momento xa 154 en toda Galicia e 27 na provincia de Pontevedra: “estables, ben xestionados e cada vez con mellores servizos, como o novo Centro Integral de Saúde”.

Durante o multitudinario V Magosto do PP de Lalín, ao que asistiron máis de 1.200 persoas, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reivindicou “a Galicia que funciona, que toma como exemplo este concello, a alcaldes referentes como José Crespo ou ese novo centro de saúde”.

A número dous dos populares galegos salientou a Galicia liderada por Alfonso Rueda, con conselleiros da zona como Román Rodríguez ou José López Campos, que “camiñan cara un futuro próspero e cara ao benestar dos galegos a e galegas”, e subliñou que o PPdeG é maioría nos concellos, no Parlamento de Galicia, no Congreso, no Senado e no Parlamento Europeo.

“Somos unha Comunidade que escapa dos extremismos e do radicalismo do BNG e da indiferenza do PSdeG, que onte, a través do seu secretario xeral, volveu mostrar os cambios de opinión respecto ao apoio ao cuponazo catalán e a submisión a Sánchez”, sinalou.

En clave local, Paula Prado sinalou que Lalín é “un lugar que funciona grazas, en gran parte, ao PP”, e lembrou que hai nove meses, o presidente Rueda recibiu neste lugar un apoio “histórico” de máis de 7.400 votos, case un 64%. E pouco despois, o municipio achegou case 5.000 votos para contar, por primeira vez, cun eurodeputado “de verdade, do PPdeG”. “O matrimonio entre o Partido Popular e Lalín leva un 2024 espectacular, despois dun 2023 tamén memorable cos logros da alcaldía e a Deputación. Agardo que a relación dure moito tempo”, concluíu.

JOSÉ CRESPO, “MODELO DE DEFENSA E AMOR POLO CONCELLO”

Na súa intervención, o presidente do PP de Pontevedra, Luis López, agradeceu a multitudinaria asistencia e destacou que este respaldo “demostra a enorme identificación social”, por parte dos veciños de Lalín e da comarca do Deza, do proxecto do PP de Galicia “como máximo valedor e defensor dos intereses xerais” desta zona do interior da provincia.

Así mesmo, louvou o traballo do alcalde, que é “un modelo de xestión, defensa e amor polo seu concello de xeito sostido, xa que leva entregado á súa terra durante 35 anos cunha gran vocación de servizo público”.

Pola súa banda, o rexedor e presidente do PP local, José Crespo, salientou as políticas públicas do PP desde a Xunta como “as mellores para acadar os maiores niveis de progreso en Lalín” e puxo como exemplo máis recente o novo Centro Integral de Saúde, ao que cualificou como “unha infraestrutura sanitaria de vangarda e do máximo nivel europeo”, que permitirá “dar outro salto máis na atención aos lalinenses e aos dezaos”. “Este centro médico é de primeira, é o que merecían os nosos veciños, e demostra a boa saúde da nosa sanidade pública”, detallou.

Finalmente, o acto contou cun recoñecemento e distinción do PP de Lalín a diversos cargos da Xunta e doutras institucións pola súa enorme colaboración nos últimos tempos co municipio. Os premiados foron o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o eurodeputado popular Adrián Vázquez; o director xeral de Gandaría, José Balseiros; o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; e os ex conselleiros de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña e Julio García Comesaña.

Noticias recomendadas

O Parlamento pide ao Goberno central a renovación do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que revise os erros do sistema Viogen e aprobe unha lei contra a trata e explotación de seres humanos
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que renove canto antes
O Grupo Popular salienta que Galicia marcou o paso a nivel nacional na atención ás persoas diagnosticadas con ELA
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe no Pleno que “Galicia marcou o paso a nivel nacional na atención ás persoas diagnosticadas con esclerose lateral amiotrofica,
O Grupo Popular apoia no Parlamento galego que o Goberno galego inclúa a educación afectivo-sexual nos currículos dos centros de ensino e forme ao profesorado neste ámbito
O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a incluír a
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies