Skip to content

O PPdeG salienta que o Dereito da Unión Europea ampara ao Goberno galego na súa oposición á modificación do regulamento de costas

Santiago, 6 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que clarifique o seu criterio á hora de autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral.

A portavoz de Medio Ambiente, Marisol Díaz, cualificou de “incomprensible” a diferenza de criterio existente entre os ministerios de Transportes e de Transición Ecolóxica e subliñou que o propio Dereito da Unión Europea “ampara o posicionamento do Goberno galego ao sinalar que o réxime de autorización estatal é contrario á directiva de servizos por discriminatorio, inxustificado, desproporcionado, escuro, equívoco e subxectivo”.

 

Marisol Díaz criticou que o Goberno central “trata de impedir calquera cambio de uso nos elementos e construcións en servidume de protección do dominio público marítimo terrestre a través da modificación do regulamento de costas prevista, en contra das propostas que se lle teñen trasladado desde a Xunta”. “Desde o Goberno galego procúrase algo tan razoable e de sentido común como que se permitan os usos hoteleiros, hostaleiros, recreativos, de equipamentos, de carácter público ou privado, naquelas construcións tradicionais xa existentes con anterioridade á Lei de costas”, indicou.

 

A portavoz popular lamentou que “nos atopamos con diferentes criterios entre os ministerios do Goberno de Pedro Sánchez”, xa que, por unha banda, o Ministerio de Transportes facilita a transformación de faros que xa perderon a súa funcionalidade para dotalos dunha nova utilidade, mentres que o Ministerio para a Transición Ecolóxica “vai pola súa liña de intransixencia e oponse firmemente a calquera posibilidade de implantar eses usos nas construcións tradicionais da franxa costeira xa existentes”.

 

DIFERENZA INCOMPRENSIBLE

 

Deste xeito, cualificou de “incomprensible” a diferenciación que contén a normativa estatal e que permite usos hostaleiros en infraestruturas localizadas en espazos portuarios, sen que esa posibilidade excepcional se faga extensible a outro tipo de edificacións existentes na costa”.

 

Esta crítica ao Goberno central está amparada polo Dereito da Unión Europea, a través de sendas sentencias do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo e do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. En concreto, conclúen que o réxime de autorización estatal sería contrario á directiva de servizos por discriminatorio, inxustificado, desproporcionado, escuro, equívoco e subxectivo.

Marisol Díaz lembrou que “os problemas derivados do impedimento de usos en edificacións tradicionais non é consecuencia da Lei 2/2013 de protección e uso sostible do litoral, senón da nova redacción que o Ministerio de Transición Ecolóxica da ao Regulamento Xeral de Costas”. “Unha nova redacción que supón o veto ao cambio de usos das construcións que se atopan na zona de servidume de protección, isto é, unha franxa de cen metros de ancho no rural desde a liña de praia e de 20 metros en solo urbano”, engadiu.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies