Santiago, 24 de maio de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe que a proposta do Goberno central de cobrar por quilómetro polo uso das autovías “é discriminatorio para Galicia”, polo que avanzou que “demandaremos no Pleno desta semana que se retire esta iniciativa”.
Ademais, lembrou que os deputados do PPdeG solicitarán na sesión plenaria o cumprimento inmediato da sentenza do Tribunal Supremo que ordena o abono a Galicia dunha mensualidade do IVE de 2017, así como o impulso na enerxía eólica mariña.
“É discriminatorio para Galicia porque as comunidades autónomas que están máis afastadas do resto das comunidades van ter un prexuízo”, sinalou Pedro Puy respecto da proposta de poñer peaxes nas autovías. Neste sentido, afirmou que esta acción “vai incidir negativamente en moitas cuestións, no peto dos cidadáns e na economía, porque afecta directamente ao propio turismo e ás relacións comerciais”.
REBAIXA PEAXES E TRANSFERENCIA AP-9 PENDENTES
?️Pedro Puy amosa o rexeitamento do @ppdegalicia a calquera cobro vencellado ao uso das autovías ou estradas, “máxime cando volvemos a asistir a un novo aprazamento do que sí xa estaba comprometido como son as rebaixas nas peaxes da AP-9” pic.twitter.com/lA1GcGUKuS
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) May 24, 2021
Puy manifestou que este debate sobre o cobro das autovías en Galicia “debe comezar sempre porque está pendente a rebaixa de peaxes na AP-9 e o seu traspaso á Comunidade galega. Neste sentido, lembrou que, “a pesar de que a admisión a trámite desta transferencia foi aprobada por unha ampla maioría do Congreso e que se decidiu a súa tramitación por urxencia, levamos máis de 12 prórrogas como consecuencia de decisións que adopta a Mesa cos partidos políticos que apoian ao Goberno central e bloquean a súa tramitación”.
Respecto das cuestións que o Grupo Popular defenderá na sesión plenaria, Pedro Puy sinalou que “reclamaremos, coa recente sentenza do Tribunal Supremo na man, o abono o máis axiña posible da débeda do Goberno central con Galicia respecto da mensualidade do IVE de 2017”. Neste sentido, lembrou que esta sentenza tamén beneficia aos concellos, que deberían recibir arredor de 40 millóns de euros
?️A reclamación do IVE para Galicia foi reconducida coa idea da lealdade institucional e a mellor maneira sería cun acordo no Consello de Política Fiscal e Financeira,indica Puy e recorda que tamén afecta para ben aos concellos galegos con cifras que superan os 40M€ @ppdegalicia pic.twitter.com/EZFfnLCXoQ
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) May 24, 2021
“Non será a única cifra que debatamos, porque están pendentes as compensacións, por 170 millóns de euros, por ter cumprido os obxectivos de débeda e déficit”, apuntou o portavoz popular, quen considerou “urxente que se traten xa as sentenzas que se van coñecendo nunha xuntanza do Consello Xeral de Política Fiscal e Financeira”.
Por último, Pedro Puy dixo que o Grupo Popular avogará polo impulso da enerxía eólica mariña, “unha prioridade que estas cuestións se estuden ben e non interfiran coas actividades extractivas da pesca”. “Se trata de garantir ese desenvolvemento conxunto da preservación do ecosistema mariño e das industrias pesqueiras, a través de estudos e observatorios coa presenza dos profesionais que entenden deste sector eólico mariño”, engadiu.
?️A xeración de enerxía eólica mariña estase a revelar como unha actividade de futuro con amplo potencial, o @ppdegalicia defenderá no Pleno avaliar o seu asentamento garantindo o desenvolvemento conxunto coa preservación do ecosistema mariño e as actividades pesqueiras pic.twitter.com/X02UurRf2W
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) May 24, 2021