Skip to content

Pedro Puy reclama ao Goberno de España “unha xestión transparente e sen ningún tipo de cuestionamento” dos fondos europeos

Santiago, 24 de xaneiro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “unha oportunidade única para Galicia e para España” a chegada de fondos europeos pola pandemia da Covid-19, polo que considerou necesario facer “un bo uso deste esforzo da Unión Europea” e reclamou ao Goberno de España “unha xestión transparente sen ningún tipo de cuestionamento”.

Ao remate da reunión dos deputados do Grupo Popular para preparar o Pleno desta semana, Puy salientou a comparecencia do conselleiro de Sanidade nesta sesión “a petición propia e para dar cumprimento ao compromiso asumido polo Grupo Popular na Deputación Permanente celebrada o pasado 13 de xaneiro”.

 

PROBLEMA XERAL DE FALTA DE MÉDICOS

 

Pedro Puy sinalou que “estamos nun momento de estabilización da onda de contaxios, aínda que persiste unha importante incidencia do coronavirus”. Neste sentido, lembrou que “estamos ante un problema común de ausencia de médicos no conxunto de España, ante o que a Xunta está a adoptar moitas decisións dirixidas fundamentalmente a minorar a carga de traballo que soportan os profesionais de atención primaria”. En concreto, referiuse á posta en marcha do Covid-auto para a realización de probas, a creación da central de seguimento de contaxios, a colaboración coas farmacias para a realización de test, o acceso aos certificados a través dos sistemas informáticos implantados ou a vacinación en recintos amplos e con persoal específico.

 

Así mesmo, recordou que na Lei de medidas incorporouse a creación da nova categoría de facultativo especialista en atención primaria, así como a habilitación da categoría de técnico de saúde para levar a cabo funcións de apoio ao persoal médico de atención primaria na xestión de incapacidades temporais e no traballo de prevención da enfermidade.

 

Porén, o portavoz popular lamentou que desde o Goberno central non se atenda as insistentes demandas realizadas pola Xunta, o Parlamento galego e o PPdeG para o incremento de prazas MIR ou o recoñecemento da especialidade de médico de urxencias. “É importante manter estas reivindicacións, porque o traballo en atención primaria vaise manter no futuro e vai ser moi difícil cubrir os déficits de persoal sanitario”, apuntou.

 

REPARTO TRANSPARENTE DOS FONDOS

 

Respecto dos fondos europeos, Pedro Puy salientou que “é a primeira vez que a Unión Europea fai un esforzo deste xeito e un paso adiante esencial na construción da unión europea”. Por este motivo, considerou unha “obriga das autoridades encargadas de xestionar estes fondos de facelo de xeito transparente e sen ningún tipo de cuestionamento”. Neste sentido, considerou “unha obriga do Goberno de España facer unha boa distribución”, polo que demandou que unha “comisión de expertos estableza criterios de reparto que permitan que, de verdade, se faga unha cogobernanza na distribución dos fondos”.

 

Pedro Puy explicou que o sistema de adxudicación de fondos do Goberno central “exclúe unha avaliación obxectiva externa que evitaría moitos problemas” e lamentou que “para unha vez que Europa da un paso tan importante non sexamos capaces de xestionar un bo reparto destes fondos para transformar a economía produtiva española e galega”.

 

Respecto do Pleno que se celebra esta semana, o portavoz popular concretou que “demandamos cuestións relevantes para o futuro de Galicia e a recuperación económica”. Así, lembrou que unha primeira proposición non de lei demanda ampliar o programa de apoio ao Xacobeo mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023. “É unha medida moi importante porque permite conseguir importantes patrocinios para as actividades relacionadas co Xacobeo e facer investimentos ao longo do Camiño de Santiago para dar servizo aos peregrinos”, apuntou.

 

Unha segunda proposición non de lei ten como obxectivo que Goberno central e Alcoa garantan a reactivación da planta de San Cibrao canto antes. Pedro Puy asegurou que “para nós non é unha boa noticia que en España se deixe de producir aluminio primario”, aínda que recoñeceu que “entendemos a postura dos traballadores, pero debemos preocuparnos pola rápida recuperación da actividade na factoría da Mariña”.

 

Neste sentido, afirmou que “canto antes se poña en funcionamento e se recupere a produción nesta factoría de Alcoa mellor será para todos”, pero reiterou que “é necesario que o prezo da enerxía en España sexa competitivo e seguiremos insistindo nisto porque non se pode falar dunha crise industrial absoluta en Galicia, senón dunha crise centrada nas industrias electrointensivas”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies