Skip to content

Prado reivindica ao PPdeG como o partido das cidades e asegura que contarán cos sete mellores candidatos en cada unha delas

Indica que os alcaldes e alcaldesas actuais das urbes “teñen o 28 de maio de 2023 a súa data de caducidade” e engade que os populares “saímos a gañar”

A secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, reivindicou ao PPdeG como o partido das cidades e asegurou que a súa formación contará cos mellores candidatos en cada unha das urbes galegas: “Coma no balonmán, teremos un sete inicial de luxo”.

 

Deste modo se expresaba antes de dar comezo á reunión no Comité de Cidades, un órgano que lidera José Manuel Rey -no que participaron representantes do partido en todas as urbes- e que ten como finalidade poñer en común sete obxectivos primordiais para Galicia, as medidas na contorna urbana e os intereses dun millón de galegos, xa que as cidades teñen que ser unha parte relevante das políticas da organización.

 

Prado apuntou que os populares avanzan “de xeito seguro” e aclarou que “para nós sempre veñen primeiro o proxecto común, que xa o temos; despois os equipos, que están rematando de definirse; e finalmente os nomes concretos”. Nese senso, lembrou que xa contan con tres líderes confirmados en Vigo, Pontevedra e Santiago, e pronto se coñecerán os da Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense.

 

Como resaltou, o partido traballa para que a vida dos habitantes das sete cidades sexa cada día mellor e explicou que o traballo, a familia e o futuro, eixos desta nova etapa do PPdeG, marcarán os quefaceres da organización sen esquecerse de escoitar aos verdadeiros protagonistas: os veciños.

 

“Os sete alcaldes e alcaldesas actuais teñen o 28 de maio de 2023 a súa data de caducidade”, dixo engadindo que os populares “saímos a gañar”. Igualmente, salientou que o PPdeG é o partido da cidade: o da veracidade en todas as súas accións, o da felicidade para todos os veciños, o que está ao carón da nosa mocidade, o da velocidade á hora de solucionar os problemas e o que ten capacidade para xestionar un gran municipio.

 

O PPdeG MELLORA AS CIDADES

En declaracións aos medios de comunicación, a número dous dos populares galegos subliñou que, aínda que non sexa desde a Alcaldía, a súa formación é a que está facendo mellores as nosas cidades. Neste sentido, fixo referencia ao que acontece en Vigo, onde, fronte ao victimismo constante de Abel Caballero, o seu partido ofrece proxectos reais, a Sanidade pública e o Hospital Álvaro Cunqueiro son unha referencia a nivel mundial, acaba de rematarse a Cidade da Xustiza e a Xunta segue impulsando a vivenda pública.

 

No que respecta á Coruña, recordou que o Goberno autonómico inviste máis de 400 millóns de euros no Novo CHUAC, impulsou a nova intermodal e realiza actuacións de futuro como a pasarela de Santa Cristina. Así, ante experimentos do PSdeG reconvertidos en enfrontamentos internos, remarcou que os populares si contan cunha alternativa apegada á realidade da urbe.

 

Sobre Lugo, Prado lamentou que o bipartito que goberna o Concello non teña reparos en dar a coñecer as súas discrepancias mentres a cidade languidece, contrapoñendo esta actitude coa dos populares, que seguen adiante co novo Barrio da Residencia e coa nova residencia de maiores, un elemento común en todos estes concellos.

 

No caso de Ourense, manifestou que formar parte do Executivo municipal capacita á súa formación para decidir o que cre que é mellor para a urbe, batendo tamén alí récords en investimentos, principalmente no eido sanitario.

 

Pola súa parte, admitiu que “Santiago non sería Santiago sen o noso apoio ao Xacobeo e a todo o sector turístico, pero á vez ao Clínico ou á unha mobilidade sostible”: “Nós tomamos a iniciativa fronte o cansazo que carrexan o alcalde e o seu equipo”.

 

Finalmente, aseverou que o seu partido tamén é a mellor alternativa en Pontevedra e Ferrol, dous concellos nos que os proxectos non funcionan se non levan a marca PPdeG.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies