Santiago, 20 de outubro de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe os orzamentos da Xunta para 2023 como “axeitados á situación económica e social actual” e cun “plantexamento correcto, avalado pola AIReF, que permitirán recuperar o PIB galego da prepandemia antes que a media das comunidades autónomas, continuar coa converxencia económica con España e reducir o paso ao 10 por cento”.
? O plantexamento dos #orzamentos2023 é correcto, se apura o teito de gasto, permitirá que Galicia acade o PIB bruto previo á pandemia antes que o conxunto de España.
? Seguiremos converxendo en PIB per cápita, e se estima unha baixada do paro do 10%.#Naboadirección pic.twitter.com/r4y4WYLFRL
— Grupo Popular Galicia (@GrupoPopularGal) October 20, 2022
Pedro Puy lembrou que os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano ascenden a 12.620 millóns de euros, o que representa un 11 por cento máis que o presente exercicio e se sitúan como os máis altos da historia de Galicia. Neste sentido, salientou que as previsións macroeconómicas están en liña co que di a AIReF, quen afirma que “a previsión de Galicia se sitúa dentro da horquilla de estimacións de consenso de analistas” e “a estimación de crecemento do PIB a prezos correntes da Comunidade galega, un 5% en 2023, resulta idéntica ao estimado pola AIReF”.
O portavoz popular pediu “un pouco de fundamento técnico” a algunha das críticas da oposición, porque “chama a atención que se diga que o crecemento pode incidir nos ingresos e na execución do gasto”. “Os ingresos da Xunta proveñen fundamentalmente das entregas a conta aprobadas polo Estado, polo que incluso se o crecemento do PIB non se axusta ás previsións, os ingresos non se van ver practicamente alterados en ningún momento”, indicou.
Puy engadiu que os orzamentos para o vindeiro ano recollen un incremento da recadación “como consecuencia de que se mantén a parte estatal da tarifa do IRPF ao non deflactarse, do mesmo xeito que baixan as aportacións extraordinarias do Goberno central, pero son suplidas pola chegada de fondos europeos”.
En segundo lugar, Pedro Puy destacou que “estamos ante unhas contas saneadas”. En concreto, manifestou que o aforro bruto (diferenza entre ingresos correntes e gastos correntes) está no entorno dos 1.350 millóns de euros, o que permite, ao sumarse aos 1.339 millóns de euros de ingresos de capital, que os investimentos da Xunta practicamente cheguen aos 2.800 millóns de euros no vindeiro ano, o que supón un incremento do 22 por cento respecto ao 2022.
O portavoz popular afirmou que “o feito de que a sanidade, a educación e as políticas sociais representen máis do 70 por cento do orzamento para 2023 reflexa o compromiso do actual Goberno galego para atender a situación que están a vivir as familias”.
Ademais, incidiu que o gasto per cápita “é considerablemente maior nas provincias de Lugo e Ourense, as provincias galegas con menores niveis de renda per cápita”.