Skip to content

Puy avoga por achegar posturas para que Galicia defenda o que lle corresponde dos Fondos Europeos para impulsar os cambios que garantan o futuro

Santiago, 24 de febreiro de 2021- O portavoz do Grupo Popular avogou hoxe no Pleno do Parlamento por achegar posturas para que Galicia poida defender “o que lle corresponde en diálogo co Goberno de España e as demais comunidades autónomas, que nos permita a todos aproveitar a solidariedade europea dos Fondos COVID para impulsar os cambios que a economía galega e española terán que realizar no futuro se queren garantir o benestar”.

Pedro Puy indicou que “non cremos na bilateralidade nin na centralización, nós estamos pola cobernanza” e nese sentido resaltou que se debe aplicar un criterio nacional en combinación coas comunidades autónomas, polo que a Xunta votou en contra de que a Comisión sectorial dos Fondos só se reúna unha vez ao ano, “ así entende a cogobernanza o Goberno socialista”.

 

 

FONDOS COVID PARA GALICIA

 

O voceiro popular, que participou no debate dunha iniciativa do BNG, sinalou que hai unha incongruencia en demandar unha cifra para Galicia dos Fondos Europeos “ e fixar uns criterios que non darían esa cifra nin de broma”, en referencia á petición de fondos por parte dos nacionalistas, “que cambian de cifras falando primeiro dunha demanda dun 9% a falar dun 10,2% despois”.

 

“Resulta que non recoñecen que Galicia mellorou a produtividade, o emprego e o PIB per capita e entón poñen uns criterios baseados nun suposto atraso de Galicia que nos levaría a conquerir unha porcentaxe mesmo por debaixo do que nos correspondería no financiamento autonómico”. Así, indicou que para acadar o 9 ou o 10,2%, como demandaron en varias ocasións os nacionalistas, empregan varios criterios que, agás dous, darían un resultado moi lonxe desa demanda tales como a inversa do PIB per cápita, a taxa de desemprego, ou a inversa da produtividade.

 

Ademais, indicou, falan de criterios como a baixa taxa de reposición no persoal sanitario “cando Galicia leva anos repoñendo o 100% e por ese criterio non nos correspondería nada” ou falan de dispersión ou avellentamento sen especificar e con estes criterios “obteríamos cifras moi lonxes do 9% e menos do que nos correspondería polo sistema de financiamento autonómico actual”

 

Pedro Puy indicou que “compartimos os temores do BNG sobre un posible reparto de fondos perxudicial para Galicia, os antecedentes do ano 2020 non son bos, que nos deron o 4,8% que está por debaixo da poboación axustada que se ten en conta para financiar os servizos públicos , e tamén estamos a asistir ao mesmo reparto dos fondos 20-21, co 4,4% do total repartido, moi por debaixo do que lle correspondería en función do sistema de financiamento autonómico, o 6,6% “

 

“A responsabilidade de defender o que lle interesa a Galicia pasa por demandar uns criterios claros e xustificados” indicou Pedro Puy que defendeu que a Xunta leva traballando en tres tipos de proxectos: os elaborados pola Administración para mellorar os servizos públicos, e os proxectos público-privados e privados que encaixan no Plan estratéxico de Galicia elaborado pola Xunta.

 

Así mesmo recordou que o procedemento de xestión centralista provoca que non se coñezan os criterios de selección dos proxectos, demanda que o presidente da Xunta fixo nas reunións mantidas con membros do Goberno recentemente.

 

“Hai que estar preocupados polo reparto centralizado a través dos ministerios e pola inconcreción de criterios que está aplicando o Goberno de Madrid. Onde podemos intentar chegar a acordos é no marco pactado para negociar é a Comisión de reactivación que mañá nomea ponencia.Intentaremos achegar posturas para que Galicia poida defender o que lle corresponde” finalizou dicindo o voceiro popular.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies