Skip to content

REGULAMENTO DO XVIII CONGRESO DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA

Regulamento do XVIII Congreso do Partido Popular de Galicia

Descarga o regulamento en galego aquí:

 

Descarga el reglamento en castellano aquí:

DISPOSICIÓNS XERAIS

 Artigo 1º Convocatoria do Congreso
 
De conformidade co establecido nos artigos 30 e seguintes dos Estatutos Nacionais do Partido Popular, nos artigos 17 e seguintes do Regulamento de Organización do PPdeG e no artigo 11 do Regulamento de funcionamento dos órganos colexiados do Partido Popular para a súa celebración en forma telemática ou mixta, e segundo o acordo adoptado o 18 de abril pola Xunta Directiva de Galicia, convócase o XVIII Congreso do Partido Popular de Galicia, que terá lugar os días 21 e 22 de maio na cidade de Pontevedra.
 
En función da situación sanitaria e as consecuentes restricións de aforamento, a Comisión Organizadora, por delegación expresa da Xunta Directiva de Galicia, poderá determinar a súa celebración de forma exclusivamente telemática ou en forma mixta (telemática e presencial), así como adoptar, de forma motivada, todas aquelas medidas ou acordos que consideren necesarios para preservar a seguridade e a saúde dos afiliados.
 
Artigo 2º Comisión Organizadora do Congreso
 
Encoméndase á Comisión Organizadora, nomeada pola Xunta Directiva de Galicia, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso.
 
Tamén lle corresponde garantir a transparencia do proceso electoral, así como velar pola igualdade de dereitos de todos os afiliados e polo respecto á legalidade vixente en materia de protección de datos.
 
Así mesmo, garantirá a todos os candidatos a igualdade de oportunidades e asegurará a neutralidade da organización do Partido.
 
Calquera acto de propaganda electoral que se pretenda levar a cabo realizarase, en condicións de igualdade, a través dos servizos do propio Partido.
 
Ademais, ante a situación excepcional derivada da pandemia do COVID-19 habilítaselle expresamente para a adopción daqueles protocolos e medidas que se estimen necesarios para evitar ou reducir a presenza simultánea dun número elevado de afiliados nun mesmo acto ou reunión. No exercicio das súas funcións, a Comisión Organizadora priorizará, nas súas relacións cos afiliados e órganos do partido, a comunicación e distribución de documentación de forma telemática.
 
Os órganos territoriais no seu ámbito poranse a disposición da Comisión Organizadora ao obxecto de facilitar os medios humanos e materiais necesarios para o desenvolvemento dos seus traballos.
 
Artigo 3º Competencias do Congreso
 
De conformidade co establecido nos artigos 17 e 21 do Regulamento de Organización do PPdeG, o Congreso é o órgano supremo do partido e ostenta, entre outras, as seguintes facultades:
a) Aprobar ou censurar, no seu caso, a actuación desenvolvida desde o anterior Congreso ordinario polo Comité Executivo de Galicia e pola Xunta Directiva de Galicia.
b) Aprobar ou modificar o Regulamento de Organización do Partido Popular de Galicia
c) Fixar as directrices políticas básicas do Partido Popular de Galicia.
d) Debater e adoptar cantos documentos enriquezan o pensamento político do Partido Popular de Galicia, definan a súa oferta electoral ou afecten á estratexia e xestión do Partido.
e) Elixir e proclamar á persoa que encabece a candidatura do PPdeG á Presidencia da Xunta de Galicia, así como elixir aos vogais do Comité Executivo de Galicia e da Xunta Directiva de Galicia.
 
Artigo 4º Regulamento do Congreso
 
Todo o relativo á organización e funcionamento do XVIII Congreso do PP de Galicia rexerase polo presente Regulamento.
 
As dúbidas que poidan presentarse na interpretación do regulamento serán resoltas pola Comisión Organizadora até o momento da constitución da Mesa do Congreso. Durante a celebración do Congreso a devandita tarefa será competencia exclusiva da Mesa.
 
TÍTULO PRIMEIRO
DA ORGANIZACIÓN DO CONGRESO DO
PARTIDO POPULAR DE GALICIA
 
Capítulo I
DA COMPOSICIÓN DOS CONGRESOS
 
Artigo 5º Composición do Congreso
 
O Pleno do Congreso estará constituído por compromisarios.
 
Artigo 6º Compromisarios
 
De conformidade co artigo 20.1 do Regulamento de Organización son compromisarios:
 
a) Natos: todos os membros da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia e os membros da Comisión Organizadora do Congreso.
 
b) Electos: aqueles designados polas organizacións locais, en asembleas convocadas ao efecto e nun número de 1.246 atendendo a unha repartición provincial, segundo o seguinte criterio: outórgase ao nivel de afiliación provincial un 75% e á porcentaxe de votos obtidos nesas circunscricións nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia un 25%.
 
De acordo con estes criterios, a distribución provincial de compromisarios é a seguinte:
 
A Coruña: 352 compromisarios
Lugo: 200 compromisarios
Ourense: 307 compromisarios
Pontevedra: 387 compromisarios
 
c) Representantes dos galegos residentes no exterior. Serán 10 e designados polo Presidente do Partido Popular de Galicia, oidos os presidentes do Partido Popular dos países onde existan órganos de dirección.
 
d) Novas Xeracións. Terá unha representación proporcional ao seu número de afiliados, e serán elixidos no seo da súa organización en función exclusivamente do nivel de afiliación.
 
A repartición provincial dos compromisarios de Novas Xeracións é a seguinte:
 
A Coruña: 6 compromisarios
Lugo: 4 compromisarios
Ourense: 2 compromisarios
Pontevedra: 7 compromisarios
 
A distribución de compromisarios electos en cada provincia farase polo Comité Executivo Provincial, co visto e prace da Comisión Organizadora do Congreso, outorgándolle ao nivel de afiliación local un 75% e á porcentaxe de votos obtidos neses municipios nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia un 25%.
 
Co obxectivo da máxima descentralización, repartiranse os compromisarios entre todos os municipios que teñan organización local e porcentaxe de afiliación suficiente para obter un compromisario como mínimo.
 
Tan só poderán agruparse para a repartición de compromisarios e celebración de asembleas de elección dos mesmos, aqueles municipios que por si sós non alcancen a proporción necesaria para obter un compromisario. O criterio para formar estas agrupacións será comarcal, por razóns de proximidade xeográfica e respectando o obxectivo da máxima descentralización.
 
Artigo 7º Requisitos para participar no proceso congresual
 
Para participar no proceso electoral (ser elector e elexible nas asembleas de elección de compromisarios e de votación dos precandidatos) será necesario ter a condición plena de afiliado na data na que se acorde a convocatoria do Congreso pola Xunta Directiva, non ser suspendido de afiliación, inscribirse cumprimentando o correspondente formulario de inscrición de elector e estar ao corrente das cotas.
 
Os afiliados con máis dun ano de antigüidade deberán estar ao corrente de, polo menos, as cotas desde o último Congreso do PPdeG. O pago deberá realizarse a través de entidade bancaria antes do 3 de maio.
 
O formulario de inscrición de elector estará dispoñible tanto en formato físico nas sedes do Partido Popular como en versión electrónica na páxina web do PPdeG e deberá ser entregado antes das 20 horas do día 3 de maio. No formulario deberá aparecer, polo menos, o nome, apelidos, DNI, teléfono móbil, dirección de correo electrónico, sede na que está afiliado e firma do solicitante. Tamén deberá conter as estipulaciones para que os inscritos consintan a utilización e cesión dos seus datos aos efectos de celebración do Congreso.
 
Para ser candidato nas eleccións a compromisario, os afiliados previamente inscritos como electores deben cumprimentar e entregar o formulario de inscrición de compromisario antes das 20 horas do día 5 de maio. Este formulario tamén estará dispoñible en formato físico nas sedes do Partido Popular e en versión electrónica na páxina web do PPdeG.
 
Os compromisarios natos estarán automaticamente inscritos no proceso congresual.
 
Artigo 8º Dereitos do compromisario 
 
A condición de compromisario é persoal e intransferible.
 
Os compromisarios teñen dereito a voz e voto, participando nas decisións do Congreso e na elección dos órganos correspondentes. Non estarán suxeitos a mandato imperativo.
 
Cada compromisario terá unha credencial acreditativa da súa condición, expedida pola Comisión Organizadora do Congreso.
 
Capítulo I
DA ELECCIÓN DOS COMPROMISARIOS E DOS CANDIDATOS A PRESIDENTE
 
Artigo 9º Convocatoria das asembleas
 
Unha vez aprobado o número de compromisarios correspondentes a cada municipio, a elección dos compromisarios farase en asembleas locais convocadas para ese efecto polo presidente provincial, cunha antelación mínima de 15 días ao día da súa celebración.
 
A convocatoria deberá indicar o lugar, data e hora do comezo da asemblea, a súa forma de celebración (presencial, telemática ou mixta) que será determinada pola Comisión Organizadora, a duración do período de votación, que non poderá ser superior a 6 horas, o número de compromisarios a elixir e as bases para a presentación de candidaturas a compromisario, así como para a constitución das mesas electorais.
 
Sen prexuízo da comunicación persoal que cada organización territorial dirixa aos correos electrónicos dos afiliados inscritos, serán válidas e producirán plenos efectos as convocatorias publicadas no portal web do PP de Galicia e das súas organizacións provinciais.
 
Artigo 10º Data das asembleas
 
Todas as asembleas locais celebraranse o día 10 de maio e coas mesmas horas de inicio e finalización. As excepcións a esta norma deberán ser xustificadas e autorizadas previamente pola Comisión Organizadora do Congreso.
 
Artigo 11º Mesa das asembleas
 
Nas asembleas para a elección de compromisarios constituirase unha Mesa composta de presidente, secretario e vogal, designados polo Comité Local.
 
Á súa vez a Comisión Organizadora poderá designar un observador para que asista á correspondente asemblea local co obxecto de velar polo cumprimento das normas contidas neste regulamento e pola pureza democrática do proceso.
 
Os devanditos observadores emitirán un informe por escrito dos incidentes á Comisión Organizadora.
 

 

Artigo 12º Presentación de candidaturas e elección de compromisarios
 
A elección de compromisarios en cada asemblea farase en lista aberta. Poderá presentarse como candidato a compromisario calquera afiliado previamente inscrito que o solicite ante o correspondente Comité Local até o día 5 de maio.
 
Para presentar candidatura basta coa sinatura, podendo nomear un interventor para o acto da elección, que se incorporará á Mesa constituída ao efecto.
 
A elección de compromisarios e de precandidatos á presidencia do partido farase mediante votación secreta.
 
Artigo 13º Papeletas de elección de compromisarios e de candidatos a presidente
 
Cada Comité Local confeccionará o modelo de papeleta, ordenando alfabeticamente os candidatos a compromisarios, sorteando o primeiro, e facilitándoos a calquera afiliado inscrito que teña dereito a voto, polo menos 24 horas antes da celebración da correspondente asemblea.
 
Así mesmo, o Comité Local porá a disposición dos afiliados inscritos un modelo de papeleta para a elección dos candidatos a presidente.
 
Artigo 14º Limitacións na xornada electoral
 
Queda prohibido facer campaña durante a xornada electoral ou distribuír papeletas previamente sinaladas no interior do recinto no que se celebren as votacións, podendo precisar a Mesa Electoral os límites da prohibición.
 
Artigo 15º Votacións
 
O día da votación estableceranse dúas urnas. Nunha delas prestarase apoio directo aos precandidatos á presidencia do partido. Na outra urna realizarase a votación dos candidatos a compromisarios cuxa votación se realizará marcando cunha cruz aos candidatos en número non superior aos elixibles.
 
Resultarán electos aqueles compromisarios que obteñan máis votos dentro do número asignado a cada colexio. No caso de que o número de candidatos a elixir coincida co número de compromisarios que corresponda, quedarán automaticamente designados, sen necesidade de votación.
 
Artigo 16º Acta de escrutinios
 
Cada Mesa levantará acta dos resultados dos escrutinios. Esta acta deberá remitirse o máis axiña posible ao respectivo secretario provincial e autonómico xunto co resultado das votacións dos precandidatos e a relación de compromisarios electos e os suplentes.
 
Os secretarios provinciais elevarán á Comisión Organizadora, con data límite o día 11 de maio, unha relación certificada dos votos obtidos polos candidatos a presidir o PPdeG e dos compromisarios electos e suplentes, que conterá o seu nome e apelidos, dirección, teléfono, correo electrónico, nº de DNI e de afiliado ao partido.
 
Artigo 17º Reclamacións
 
As Mesas das asembleas resolverán os incidentes que xurdan no transcurso das votacións e do escrutinio dando conta por escrito á Comisión Organizadora das reclamacións efectuadas e das resolucións adoptadas.
 
Contra estas resolucións calquera afiliado interesado poderá elevar reclamación ante a Comisión Organizadora nun prazo de 24 horas desde a hora do inicio da asemblea, debendo resolver esta no prazo de 24 horas. As súas decisións serán inapelables.
 
Artigo 18º Substitución de compromisarios
 
No caso de imposibilidade de asistencia ao Congreso por parte dun compromisario electo, este deberá comunicalo á Comisión Organizadora antes do 17 de maio, aos efectos da súa substitución polo seguinte candidato máis votado na respectiva lista aberta na que o compromisario estea incluído.
 
No caso de esgotarse a lista de suplentes ou de non existir o suficiente número de candidatos, as organizacións provinciais poderán cubrir estas vacantes con persoas que figuren como suplentes noutras circunscricións electorais que correspondan á devandita organización provincial.
 
Artigo 19º Invitacións ao Congreso
 
Se faculta ao secretario xeral do Partido Popular de Galicia para, en nome do Presidente do Comité Executivo de Galicia, realizar as invitacións que considere oportunas.
 
TITULO SEGUNDO
DA ELECCIÓN DOS ÓRGANOS DO PARTIDO
 
Capítulo I
DO PROCESO DE ELECCION DO CANDIDATO A PRESIDENTE
 
Artigo 20º Presentación e proclamación de precandidaturas
 
As persoas afiliadas que opten á presidencia do PPdeG poderán presentar a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora do Congreso na sede autonómica do PPdeG até as 20 horas do día 28 de abril.
 
Para ser proclamado precandidato á Presidencia do Partido Popular de Galicia será necesario presentar o apoio de, polo menos, 90 afiliados que estean ao corrente do pago das súas cotas.
 
Así mesmo, os candidatos a presidente do PPdeG ou a vogal da Xunta Directiva ou do Comité Executivo deben estar ao corrente do pago das súas cotas. Para o caso dos candidatos a presidente do PPdeG tamén será necesario levar afiliado ao partido un período mínimo de 12 meses.
 
Artigo 21º Campaña electoral
 
No caso de que se presentasen dúas ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará aos precandidatos presentados nun prazo de 48 horas, convocando a campaña electoral interna:
 
a) A campaña electoral interna finalizará ás 24 horas do 9 de maio do presente ano.
 
b) A finalización da campaña e a celebración das votacións non supón, en ningún caso, a imposibilidade por parte dos candidatos de seguir solicitando apoios, neste caso, entre os compromisarios.
 
Artigo 22º Proclamación do candidato único ou dos dous candidatos máis votados
 
Serán proclamados candidatos á presidencia do Partido Popular de Galicia, para a súa elección polos compromisarios no Congreso, os dous precandidatos que obtivesen o maior número dos votos válidos emitidos polos afiliados.
 
Si algún dos precandidatos obtivese máis do 50% do total dos votos válidos emitidos polos afiliados, lograse unha diferenza igual ou superior a 15 puntos sobre o resto de precandidatos e fose o máis votado en dúas provincias será proclamado ante o Congreso como candidato único á Presidencia do Partido.
 
Capítulo II
DA ELECCIÓN DOS ÓRGANOS DE DIRECCIÓN
 
Artigo 23º Órganos sometidos ao procedemento de elección
 
O Congreso do Partido Popular de Galicia elixirá ao Presidente e aos vogais da Xunta Directiva e do Comité Executivo de Galicia.
 
Artigo 24º Prazo de presentación de candidaturas
 
O prazo para a presentación das candidaturas aos órganos de dirección finalizará, iniciado o Congreso, na hora que fixe a Mesa.
 
Artigo 25º Requisitos das candidaturas
 
Nas listas só pode figurar como presidente quen obteña, conforme ao sistema descrito no anterior capítulo, a condición de candidato.
 
Ningún compromisario poderá figurar en dúas ou máis candidaturas.
 

 

Artigo 26º Exposición do candidato
 
O candidato ou candidatos á Presidencia do partido teñen dereito a unha exposición previa do seu programa, do seu plan de actuación e do equipo que lle acompaña para cubrir os órganos de dirección, correspondéndolle á Mesa limitar os tempos, así como fixar a orde de intervencións. Para iso, deberá considerarse o resultado na elección dos precandidatos, de maneira que os que obtivesen un maior número de votos terán prioridade para elixir a orde en que se realiza a súa intervención
 
Artigo 27º Procedemento de votación
 
Para a votación a Comisión Organizadora do Congreso habilitará o número de urnas que considere conveniente.
 
As mesas electorais estarán formadas por un presidente e un secretario nomeados pola Comisión Organizadora do Congreso, á que se poderá incorporar un interventor por cada candidatura proclamada.
 
No momento da votación, os compromisarios acreditarán a súa condición acompañando a súa credencial co D.N.I. ou documento oficial similar que acredite a súa personalidade.
 
Unha vez finalizada a votación, as mesas electorais farán os correspondentes escrutinios que serán remitidos á Mesa do Congreso quen anunciará os resultados e proclamará a candidatura que obtivese o maior número de votos.
 
TÍTULO TERCEIRO
CELEBRACIÓN DO CONGRESO
 
Artigo 28º Constitución do Congreso
 
A Comisión Organizadora declarará válidamente constituído o Congreso na data e lugar da súa convocatoria, independentemente do número de compromisarios asistentes.
 

 

Artigo 29º Composición da Mesa do Congreso
 
O Pleno do Congreso do PP de Galicia estará presidido pola Mesa, que estará composta por un presidente, dous vicepresidentes, un secretario, un secretario adxunto, catro vogais, un membro da Comisión Organizadora do Congreso e un membro do Comité de Dereitos e Garantías de Galicia
 
Todos os membros da Mesa deberán ostentar a condición de compromisarios.
 
Artigo 30º Elección da Mesa do Congreso
 
O acto inaugural do Pleno do Congreso será presidido pola Comisión Organizadora. Esta, a través da súa Presidencia, proporá ao Pleno a composición da Mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple. De non aceptarse a proposta, abrirase un prazo de trinta minutos, no que os compromisarios poderán presentar candidaturas completas para a Mesa, avaladas como mínimo polo 15% do total dos compromisarios, non podendo avalar cada compromisario máis dunha candidatura. Será elixida a candidatura que obteña máis votos.
 
Artigo 31º Aprobación do Regulamento do Congreso
 
Unha vez elixida a Mesa do Congreso, esta deberá anunciar o acordo de aprobación definitiva do presente Regulamento.
 
A Mesa dirixirá, impulsará, ordenará e moderará os debates, velando en todo momento pola boa marcha do Congreso. As súas decisións adoptaranse por maioría simple, tendo o presidente, en caso de empate, voto de calidade.
 
Correspóndelle á Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretalo nos casos de dúbida e suplilo nos de omisión.
 
Artigo 32º Funcións do presidente do Congreso
 
Correspóndelle ao presidente, en nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión; autorizar o uso da palabra e fixar, á vista das peticións de intervención, o número máximo de intervencións e a duración das mesmas. Ao mesmo tempo, antes de cada votación, exporá con claridade os termos da proposta ou propostas sometidas á mesma.
 
O presidente poderá chamar á orde e, no seu caso, retirar a palabra a quen nas súas intervencións alárguese excesivamente, desvíese do tema obxecto de debate, falte ao establecido neste Regulamento, profira expresións ofensivas ao decoro do Partido, dos seus membros ou de calquera outra institución, entidade ou persoa, ou que de calquera outra forma altere a orde ou obstaculice a boa marcha do Congreso.
 
Artigo 33º Funcións dos vicepresidentes do Congreso
 
Os vicepresidentes, pola súa orde, substituirán ao presidente e exercerán as súas funcións en caso de ausencia e terán as mesmas atribucións que aquel.
 
Artigo 34º Funcións dos secretarios do Congreso
 
Correspóndelle ao secretario da Mesa, auxiliado polo secretario adxunto, a redacción da acta da sesión, recollendo na mesma o resumo das intervencións, as propostas presentadas, as votacións producidas indicando o número de votos emitidos, os favorables, os contrarios, os nulos e as abstencións, así como os resultados.
 
A acta será aprobada pola Mesa e unha vez finalizado o Congreso será asinada polo Presidente e o Secretario.
 
Artigo 35º Adopción de acordos
 
O Congreso adoptará os seus acordos por maioría simple mediante votación a man alzada, salvo os referentes á elección dos órganos do Partido que se acomodarán ao establecido nos Estatutos Nacionais, no Regulamento de Organización do PPdeG, o Regulamento Marco de Congresos e no presente Regulamento.
 
Artigo 36º Informe de xestión
 
O Pleno do Congreso, con independencia doutras facultades recollidas nos Estatutos Nacionais e o Regulamento de Organización, coñecerá do informe de xestión desde o último Congreso do PP de Galicia, que será presentado polo Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia ou persoa en quen delegue.
 
TITULO CUARTO
DAS IMPUGNACIÓNS
 
Artigo 37º Procedemento e órganos competentes
 
O procedemento para realizar as reclamacións será o seguinte:
 
a) As impugnacións que afecten á elección de compromisarios, faranse nos termos expostos no artigo 17.
 
b) O acordo de proclamación de candidatos poderá impugnarse por estes, por escrito, ante o Comité Organizador do Congreso que, nun prazo máximo de 24 horas, resolverá sobre a impugnación, especificando os motivos nos que fundamenta a súa decisión.
 
c) As impugnacións daqueles acordos tomados durante a celebración do Congreso serán presentadas polos compromisarios ante a Mesa que resolverá no mesmo Congreso, incluíndo na acta as motivacións nas que se fundamente a súa resolución.
 
A resolución da Mesa será apelable ante o Comité de Dereitos e Garantías de Galicia, no prazo máximo de 24 horas despois da celebración do Congreso e fundamentarase en infraccións estatutarias ou regulamentarias
 
O Comité Nacional de Dereitos e Garantías resolverá, en segunda instancia, os recursos interpostos contra estas resolucións do Comité de Dereitos e Garantías de Galicia como consecuencia das impugnacións que se produzan no Congreso Autonómico do PP de Galicia.
 
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA
 
En todo o non previsto neste Regulamento, será de aplicación o disposto nos vixentes Estatutos Nacionais do Partido Popular, no Regulamento de Organización do PPdeG, no Regulamento Marco de Congresos e no Regulamento de Funcionamento dos órganos do Partido Popular para a súa celebración en forma telemática ou mixta.

 

 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies