Skip to content

Rueda destaca a normalidade extraordinaria coa que o PPdeG encara o proceso de sucesión

Indica que non hai un PP de Albor, de Fraga, de Feijóo, nin haberá un de Rueda, senón un Partido Popular de Galicia no que todos contan e suman

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda, destacou a normalidade extraordinaria coa que o seu partido encara o seu proceso de sucesión, manifestando que “o camiño a seguir facémolo entre todos”.

 

Durante a Xunta Directiva do PP da provincia de Lugo, na que estivo acompañado pola presidenta provincial, Elena Candia, amosouse orgulloso de que a súa formación volvese demostrar que está á altura das circunstancias, algo que non lle sorprende porque no ADN do Partido Popular de Galicia vai a súa cohesión, a súa forza, a súa responsabilidade e o seu compromiso.

 

Pola contra, admitiu que a situación dos populares si poida resultar inédita para outras organizacións que converten a política nun continuo reality show, que viven instaladas na batalla interna e que están permanentemente elixindo líderes para ver se acertan con algún.

 

CONTINUIDADE NON É CONTINUÍSMO

Tras poñer en valor o patrimonio de unidade, estabilidade e xestión do PPdeG, Rueda recoñeceu que o baleiro que deixa o presidente Alberto Núñez Feijóo só pode compararse co seu inmenso legado, deixando unha Galicia moito mellor do que a encontrou.

 

Nese senso, apuntou que quere asumir a herdanza dos populares na Comunidade, pero aclarou unha diferenza: “Si á continuidade e non ao continuísmo”. Deste modo, explicou que non pensa que todo está conseguido, non se deixará levar pola inercia, nin tampouco parará de facer as cousas á súa maneira, senón que recollerá toda a experiencia e sumará todas as ideas e enerxías para facer unha Galicia aínda máis forte.

 

NO PPdeG TODOS CONTAN

“Non hai un PP de Albor, un PP de Fraga, un PP de Feijóo, nin vai haber un PP de Rueda. Hai un Partido Popular de Galicia”, recalcou o candidato mentres insistía en que “este é o partido que máis se parece a Galicia e por iso aquí cabemos todos, contamos todos e sumamos todos”.

 

Igualmente, precisou que a súa formación aínda pode ser máis grande, facer máis historia e acadar algo inédito no país como a quinta maioría absoluta. Ao mesmo tempo, incidiu na importancia de non poñerse teitos para lograr unha Comunidade máis puxante na economía, con máis servizos públicos, máis conciliación e máis infraestruturas, e que aínda sexa máis referente en España pola súa estabilidade política e recoñecida por afastar políticas fracasadas e modelos que só enfrontan e dividen.

 

O CAMIÑO A SEGUIR

Na a súa intervención, Rueda púxese á disposición dos seus compañeiros de formación para agrandar o partido cun proxecto unido e forte, motivado por chegar á meta dun camiño que quere facer en equipo e cun ritmo esixente para chegar cada vez máis lonxe, pois ese é seu estilo.

 

Ademais, asegurou que os populares teñen claro cal é o camiño que mellor lles parece aos galegos, baseado en ser un partido amplo que goberna para a maioría, que fai a política real que mellora a vida da xente e centrado nas preocupacións dos cidadáns.

 

Do mesmo xeito, afirmou saber cal é a senda a seguir, aquela que os levou ao éxito, a que ten permitido derrotar á suma do nacionalismo, do socialismo e mesmo do populismo e pola que avanzan para deixar unha Comunidade con mellores servizos públicos e menos impostos; remarcando tamén cal é o destino e a prioridade dos populares: Galicia.

Noticias recomendadas

O PPdeG pide ao Goberno central “máis transparencia, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” coa autovía A-54 entre Santiago e Lugo
O Partido Popular de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez “máis transparencia cos seus proxectos, menos mentiras cos prazos e a maior axilidade” en relación á autovía A-54, que
Alfonso Rueda ve ao Partido Popular preparado na provincia de Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que ve ao Partido Popular preparado en Pontevedra para un 2025 aínda mellor que os anos anteriores, tanto a nivel provincial como
O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies