O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor a aprobación por parte da Xunta do Plan de fixación de poboación en zonas rurais, destacando que os populares galegos si traballan polo rural fronte a unha esquerda que o insulta.
Segundo afirmou, os partidos da oposición soen dicir con condescendencia que o PP gaña eleccións grazas aos votos da xente do rural. “Quizá sexa porque é o Partido Popular a organización que mellor coñece o país, a máis apegada á terra e, por tanto, a que mellor solución sabe dar ás necesidades de cada territorio”, remarcou.
“Non gañamos por ter un pobo alienado e ignorante, como pensa algunha esquerda, senón porque o coñecemos, o respectamos e o escoitamos”, subliñou o número dous do PPdeG, que manifestou que mentres en Galicia hai un Goberno que desenvolve a súa actividade con normalidade, se preocupa polas necesidades dos galegos e cumpre as súas promesas, “en fronte temos unha oposición que segue preocupada dos seus problemas internos e, literalmente, a patadas entre eles”.
Nese senso, indicou que logo de ver a relación que teñen as Mareas de Podemos dentro de cada un dos partidos que as conforman, “desde o Partido Popular de Galicia estamos a piques de ter que agradecer que con nós se queden no límite do insulto e non pasen a máis”.
PLAN DE FIXACIÓN DE POBOACIÓN NO RURAL
Durante a súa comparecencia, o secretario xeral do PPdeG celebrou a posta en marcha do Plan de fixación de poboación no rural que, dotado con 230 millóns de euros, incide especialmente en aspectos clave como a cohesión territorial, a innovación ou a remuda xeracional.
Nese senso, lembrou como un dos grandes proxectos que Alberto Núñez Feijóo presentou durante a campaña electoral foi o de que, se revalidaba a maioría absoluta, intentaría converter este terceiro mandato na “lexislatura do rural”. “Desde o Partido Popular de Galicia cremos que o futuro do rural está ligado á consolidación da actividade económica nas nosas aldeas. É por iso polo que cremos nunha política que favoreza o emprendemento, a creación de postos de traballo e a mellora da competitivade dos nosos sectores produtivos”, recoñeceu.
Deste modo, manifestou que os populares non poden máis que valorar positivamente cuestións que se contemplan neste plan como as accións formativas, as axudas para a innovación das nosas explotacións ou o coidado do noso patrimonio natural e cultural.
“E se importante é a actividade económica, non o é menos a implantación de servizos básicos que fagan atractiva a idea de vivir e formar unha familia no rural”, dixo Tellado antes de salientar actuacións que xa están en marcha como a posta en marcha de Casas Niño en concellos nos que non hai garderías, o establecemento dos Impostos Cero no rural ou o Plan de Banda Larga para estender internet de calidade.
“En definitiva, cremos que logo dos duros anos de crise, o noso rural está tamén no camiño da recuperación”, sinalou destacando indicadores como a subida do prezo do leite nos últimos meses ou o récord de valor da pesca desembarcada nos portos galegos.
“Con todo, a mellor proba de que este Goberno é consciente de que queda moitísimo por facer é que saque adiante programas coma este. E como é consciente do traballo que hai por diante, seguro que non é a única medida ambiciosa”, sentenciou.