Skip to content

Tellado avanza que o PPdeG presentará unha declaración institucional para que o PSdeG e o BNG se sumen á condena da violencia

Lembra que a ampla maioría que os galegos deron a Feijóo impediu que haxa carteis de apoio a un delincuente condenado nos balcóns da Xunta 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou que o seu partido presentará unha declaración institucional no Parlamento para buscar a unanimidade na condena á violencia e, de forma explícita, aos acontecementos dos últimos días en moitas cidades de España. Nese senso, recoñeceu que agardan que o PSdeG e o BNG os acompañen nesta cuestión xa que os populares condenan o uso de calquera forma de violencia como manifestación política.

 

Logo de agradecer o traballo e o esforzo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, subliñou que é o momento de ver se o PSOE é quen de defender os seus principios fronte aos seus socios en Madrid e se o Bloque só comparte con Bildu escenarios en mitins ou tamén a súa filosofía de que as ideas se manifestan con pedradas en escaparates.

 

De feito, aseverou que é curioso que os mesmos que piden medidas aínda máis duras e restritivas en Galicia amparen este tipo de actos e que aqueles que din que as axudas da Xunta á hostalería e o pequeno comercio son insuficientes sexan os que amparan os destrozos nestes mesmos establecementos. Concretamente, afeou que algúns líderes do Bloque criticaran o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade e as súas defensas veladas ao uso da violencia.

 

“Pouco tardou o BNG en mostrar a súa verdadeira cara. Apenas seis meses despois das eleccións non só comparten actos con delincuentes condenados como Arnaldo Otegi ou Oriol Junqueras senón que tamén comparten ideario político e xustifican as manifestacións violentas como resposta ante as decisións xudiciais”, insistiu.

 

A VIOLENCIA É INXUSTIFICABLE

Así mesmo, o número dous do PPdeG criticou que algúns grupos políticos escusen actos vandálicos interesadamente para poñer en tela de xuízo o noso sistema democrático. “Resulta inconcibible que, amparados nunha mal entendida defensa da liberdade de expresión, fagan xusto o contrario impoñendo ideas mediante o medo e a violencia; así como que desde o propio Goberno do Estado se poña en dúbida a nosa democracia e se cuestionen decisións xudiciais”, apuntou.

 

Sobre isto, engadiu que o vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, é o autor intelectual da kale borroka que durante as últimas noites está atacando este país, indicando que estamos gobernados por Podemos, que por un lado cuestiona a calidade democrática de España e por outro defende a violencia como forma de expresión política; e polo PSOE, que ampara estes comportamentos e mantén como socios de Goberno a estes individuos.

 

“Se en Galicia non estamos gobernados por partidos semellantes foi gracias a ampla maioría que os galegos deron a Alberto Núñez Feijóo. De non ser así, tal vez estaríamos vendo carteis de apoio a un delincuente condenado desde os balcóns da Xunta”, salientou.

 

UN REPARTO XUSTO DAS VACINAS

O secretario xeral tamén se referiu ao plan de vacinación na Comunidade, lamentando que os avances se vexan retrasados porque o Executivo de España está dando a Galicia pouco máis da metade das doses que lle corresponden -atendendo a criterios poboacionais deberíamos recibir o 8.2% das vacinas e apenas recibimos un 5%-.

 

“Pedimos ao Goberno de Sánchez un reparto máis xusto, que atenda a criterios obxectivos como a poboación ou a cantidade de vacinas necesarias en cada territorio para cada fase, e non a consideracións ideolóxicas ou partidistas do propio Executivo”, sentenciou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies