Skip to content

Tellado: “Seguimos a traballar para combater a pandemia, mellorar a situación sanitaria e reactivar todas as actividades coas máximas garantías”

 Celebra que Galicia decidise non importar o desgoberno do Executivo central e teña un Goberno cun proxecto único, definido e con rumbo claro.

18, setembro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o seu partido cumpriu co compromiso de poñer a funcionar o antes posible todas as institucións autonómicas logo das eleccións e conseguiron adaptarse en moi pouco tempo ás novas necesidades ocasionadas polo contexto actual. “Demostramos que seguimos a traballar en todas as frontes para combater a pandemia, mellorar a situación sanitaria e reactivar todas as actividades coas máximas garantías posibles”, salientou.

 

Pola contra, manifestou que sería un exercicio de política-ficción pensar como sería hoxe o Goberno galego co multipartito na Xunta. De feito, explicou que non hai mellor espello no que mirarse que o Executivo central coa súa incapacidade para aprobar os proxectos de lei e os decretos que queren levar adiante, con problemas serios de descoordinación entre ministros e con carencias notables para negociar uns novos Orzamentos, o que semella que os está levando a asumir que teremos que comezar 2021 prorrogando unha vez máis as contas de 2018 -aprobadas o Goberno do PP-.

 

“Afortunadamente, Galicia decidiu non importar a fórmula de desgoberno que temos no Executivo central, así que hoxe temos un Goberno autonómico cun proxecto único e definido, cun rumbo claro e preparado para o que se vai atopar nos vindeiros meses”, destacou o número dous do PPdeG. Ademais, subliñou que isto quedou claro con tres fitos acontecidos esta mesma semana: o reforzo no persoal educativo para mellorar a seguridade na volta ás aulas, a renovación de equipos na estrutura da Xunta e a tramitación de tres proxectos de Lei que quedaron pendentes da pasada lexislatura.

 

PROFESORADO REFORZADO

Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado resaltou que a Xunta vén de reforzar o cadro de persoal de profesorado dos centros de ensino públicos coa contratación de 1.890 profesores neste curso, o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla total de profesorado en Galicia.

 

Concretamente, 1.107 son novos profesores para as etapas de ESO, Bacharelato e FP (847 para dar aínda maior seguridade nas aulas e 260 novos para atender ao incremento de oferta) que se incorporarán de xeito inmediato e estarán a vindeira semana no primeiro día de clase. Do mesmo xeito, tamén se incorporaron 240 novos docentes de Infantil e Primaria (xa desde a semana pasada) e 543 novos docentes de apoio (221 para Primaria e 322 para ESO que se contratarán a través do Programa ARCO de reforzo educativo).

 

“Con este reforzo dos equipos docentes, entendemos que se dá resposta á principal demanda da comunidade educativa e que se cumpre co compromiso de atender as necesidades de profesorado expostas polos centros”, aseverou indicando que esta é a acción máis importante da Xunta para o desenvolvemento do curso coas máximas garantías de seguridade e calidade.

 

Igualmente, malia que unha minoría empregou esta cuestión como arma política contra un Goberno recén nomeado e lexitimado polas urnas, Tellado sinalou que “é de xustiza darlle ás grazas ao profesorado, pola súa responsabilidade e profesionalidade neste arranque de curso”.

 

EQUIPOS PREPARADOS E ILUSIONADOS

Por outra banda, o secretario xeral falou dos nomeamentos que onte realizou o Consello da Xunta e que definiu como “uns equipos que combinan experiencia e renovación, que sempre foi a clave do éxito deste proxecto; adaptados á nova situación e ás novas necesidades da Comunidade; e preparados e ilusionados para traballar por Galicia e para acertar nas decisións que haxa que tomar, que é o máis importante”.

 

Nese sentido, agradeceu a xenerosidade e a disposición dos que asumen os seus novos cargos pero tamén a daqueles que os deixan, conscientes de que sempre traballaron na defensa dos intereses da nosa autonomía. “Os relevos non só significan unha renovación da estrutura do Goberno, senón un reforzo do Grupo Parlamentario, con perfís cunha ampla traxectoria e experiencia, que será necesaria tamén no ámbito do lexislativo”, engadiu.

 

AS PRIORIDADES DE GALICIA

Tellado tamén se referiu a reactivación do calendario lexislativo autonómico, retomando tres proxectos de Lei de primeira magnitude: o de ordenación do territorio, o de pesca continental e o de impulso demográfico -este último un texto pioneiro en España, que persegue o obxectivo de seguir convertendo a Galicia no mellor lugar para formar unha familia-.

 

“Estas tres leis son tres mostras de que, malia que a pandemia condicionou e ralentizou moitas cuestións, sabemos cales seguen a ser as prioridades e os problemas de Galicia e seguiremos traballando desde as institucións para dar resposta ás necesidades dos galegos”, salientou.

 

Noticias recomendadas

O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
O Parlamento galego pide reforzar a adaptación e integración educativa e pedagóxica do alumnado estranxeiro
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies