Santiago, 25 de febreiro de 2021.- O Parlamento aprobou a iniciativa que instaba á Xunta a que regule o funcionamento das Unidades de Mama, para homoxeneizalas en todas as áreas sanitarias galegas e que serva de referencia para a organización dos equipos de atención multidisciplinar doutras patoloxías, comezando polo solo pélvico; unha proposición non de Lei presentada polos populares galegos. “O máis importante é que ese traballo conxunto redunde nunha mellora na atención ás pacientes e ás súas familias e nunha mellora nas expectativas de curación”, subliñou Noelia Pérez.