O PPdeG traslada á oposición a modificación da Lei do Solo de Galicia

O PPDEG TRASLADA Á OPOSICIÓN A MODIFICACIÓN DA LEI DO SOLO PARA QUE AS ADMINISTRACIÓNS POIDAN EXECUTAR PROXECTOS POR RAZÓNS DE URXENCIA OU EXCEPCIONAL INTERESE PÚBLICO

·    O texto da emenda presentada hoxe recolle como  necesario o informe favorable do Concello para seguir coa tramitación do proxecto

·    Esta iniciativa sería de aplicación para axilizar proxectos estratéxicos tanto na actualidade no concello de Vigo como no futuro en calquera outro noutras circunstancias

Santiago, 11 de xaneiro de 2016.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, trasladou esta mañá á ponencia do proxecto de Lei do Solo de Galicia a proposta anunciada a pasada semana polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que as administracións públicas poidan executar proxectos por razóns de urxencia ou excepcional interese público.

Esta iniciativa, que podería ser de aplicación na actualidade ao concello de Vigo para axilizar proxectos estratéxicos neste municipio ou a calquera outro noutras circunstancias, conta coa supervisión da Asesoría Xurídica da Xunta e agora será estudado por todos todos os grupos da oposición para a súa posible inclusión na nova Lei do Solo de Galicia. Esta incorporación deberá contar coa voto unánime de todos os grupos parlamentarios, dado que o prazo de presentación de emendas rematou e só é posible incluír este texto si todos os grupos están de acordo.

A proposta recolle que o órgano promotor dará traslado do proxecto á Consellería competente na materia, quen, previa xustificación das razóns de urxencia ou excepcional interese público, dará traslado do mesmo ao Concello en cuxo termo municipal se vaia executar.

INFORME MUNICIPAL

O Concello deberá emitir un informe sobre a ponderación dos intereses locais afectados e só no caso de que este sexa favorable continuarase coa tramitación. De ser desfavorable por parte do ente local, a Xunta ditará resolución de arquivo do procedemento e a notificará ao órgano promotor.

“Calquera tipo de proxecto amparado nesta proposta poderá levarse a cabo e afectar a un só concello, e sempre terá que ser consensuado entre o Concello e a Administración actuante”, salienta Jaime Castiñeira. Neste sentido, explicou que a declaración de interese supramunicipal pode ser un acto ditado exclusivamente pola Xunta e ten que afectar ao interese de varios concellos.

Se o informe é favorable, a Xunta solicitará con carácter de urxencia aqueles informes que sexan preceptivos de acordo coa lexislación sectorial aplicable e, unha vez sexan recabados, elevará o proxecto para informe da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, que se pronunciará sobre os aspectos urbanísticos do proxecto.

Ademais, o Concello poderá acordar a suspensión das obras cando se pretendesen levar a cabo sen seguir o procedemento previsto ou si a execución das mesmas non se axustasen ao proxecto aprobado.