Feijóo presenta o programa Galicia 0-35 para “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”

Vigo, 13 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe en Vigo o Programa Galicia 0-35, unha iniciativa que quere “dar respostas útiles á xeración do Estatuto”. Entre as medidas que inclúe este programa figuran chegar ao 40 por cento de ratio de cobertura das escolas infantís públicas, continuar coa tarxeta Benvida e ampliala ata os tres anos da vida do bebé en caso de risco de pobreza ou exclusión e o programa A miña primeira experiencia laboral, unha bolsa de emprego para os mozos que veñan de rematar unha carreira universitaria ou un ciclo de FP. Feijóo indicou que “ofrecemos a este país un pacto interxeracional, que respecte os valores que sempre nos uniron”, ao tempo que avogou porque “Galicia siga sendo con máis intensidade o mellor lugar para formar unha familia”.

Continue reading