Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o partido celebra que a política que está levando a cabo a Xunta e as preocupacións principais do goberno galego se estendan ao conxunto de España. “É unha mostra máis de que Galicia está a acertar tanto no diagnóstico das necesidades dos seus cidadáns como nas ferramentas para atender estas necesidades”, afirmou.
O Parlamento acorda solicitar á Xunta que convoque este ano unha nova orde de axudas para asociacións de veciños
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta de Galicia que convoque este ano unha nova orde de axudas que colabore coa importante labor que se está realizando polo asociacionismo veciñal en Galicia, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar estas entidades veciñais.
O Grupo Popular sospeita que hai un “fraude” detrás do peche do CIM de Ponte Caldelas e solicita o restablecemento inmediato do servizo de atención ás mulleres
Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- A viceportavoz e voceira de Igualdade do Grupo Popular, Paula Prado, indicou que existen sospeitas da “existencia dun fraude detrás do peche do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas“xa que se o servizo de asesoramento xurídico en Igualdade e atención psicolóxica as mulleres vítimas de violencia machista ten que realizarse a través dunha atención especializada como se viña facendo por unha avogada e unha psicóloga desde fai dez anos”
O Parlamento aproba instar á Xunta a redactar as normas técnicas de planeamento que complementen ao regulamento da Lei do Solo
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a redactar as normas técnicas de planeamento que complementen ao regulamento da Lei do Solo, recentemente aprobado, como ferramenta ao servizo dos concellos.
O GPP lembra que a Deputación de Ourense ten previsto investir 120.000 euros na mellora estradas OU-701 e a que une Manzaneda con Trives
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa lembrou hoxe no Parlamento que a Deputación de Ourense ten previsto realizar obras de acondicionamento da estrada OU-701, xunto coa que une Manzaneda con Trives, por importe de 120.000 euros. “Trátase dunha estrada competencia da Deputación e na que regularmente fai traballos de mantemento”, apuntou.
O Parlamento solicita a Fomento e Audasa a instalación de pantallas antirruído nas obras de ampliación da AP-9
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Ministerio de Fomento e a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) para que, no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se están a realizar na entrada de Vigo, se proceda a cumprir co seu compromiso de instalar pantallas antirruído naqueles puntos onde sexa necesario de acordo á normativa vixente, adoptando medidas paliativas que minimicen o impacto da autoestrada e melloren a compatibilidade desta infraestrutura coa contorna construída e co día a día dos veciños.
O GPP apoia solicita á Xunta que continúe coas medidas de control e erradicación da Herba da Pamba
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento, logo dunha transacción acordada co Grupo Socialista, a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar coas medidas de control e erradicación da Herba da Pamba, elaborando para o presente ano un plan de erradicación e control en toda a Comunidade galega. Así mesmo, demándase do Ministerio de Fomento o deseño dun plan de eliminación desta especie vexetal nas autoestradas de Galicia.
O GPP asegura que Portos de Galicia axilizará ao máximo a aprobación da dragaxe da Ría de Pontevedra para poder licitar as obras no 2018
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou esta tarde no Parlamento que “Portos de Galicia axilizará ao máximo a aprobación do proxecto de dragaxe do fondo da ría de Pontevedra, co obxectivo de poder licitar as obras durante o ano 2018”.
O GPP defenderá elaboración programa axudas para as familias monoparentais e regulación réxime contratación investigadores
Santiago, 17 de xaneiro de 2017.- O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá no Pleno da vindeira semana para informar dos acordos acadados na Conferencia de Presidentes que se celebra hoxe en Madrid, segundo se acordou esta mañá na reunión da Xunta de Portavoces. Así mesmo, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que a Comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas constituirase o vindeiro luns co obxectivo de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura.