Marta Nóvoa reafirma o compromiso total do Goberno galego e do PPdeG con todos os fogares en situación máis vulnerable

Santiago, 21 de febreiro de 2017.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, subliñou esta tarde no Parlamento “o compromiso total do Goberno galego e do PPdeG con todos os fogares en situación máis vulnerable, e con aqueles que non poden pagar nin o recibo da luz nin do gas”. Neste sentido, lembrou que a Xunta “atendeu a totalidade das solicitudes de axudas para paliar a pobreza enerxética e por suposto que atenderá este ano todas as demandas que reciba”.

Continue reading

O GPP demanda unha modificación da fiscalidade sobre a enerxía para favorecer a competitividade das empresas e o benestar dos fogares

Santiago, 21 de febreiro de 2017.- A portavoz de Enerxía do  Grupo Popular, Marta Nóvoa, defendeu esta tarde no Parlamento que o Goberno central leve a cabo unha revisión da fiscalidade sobre a enerxía, de tal xeito que se adecúe o tipo de IVE e o Imposto Especial de Electricidade para favorecer a competitividade das empresas e o benestar dos fogares. Respecto da solicitude dunha tarifa galega por parte do BNG, subliñou que “a tendencia é cara á integración en aras dun mercado único, que sexa capaz de garantir un subministro a fogares e empresas nas mellores condicións de eficiencia, de seguridade e competitividade posibles, algo que apoia a maioría das forzas políticas en Galicia, en España e no resto de países europeos, a excepción de opcións extremas e o populismo”.

Continue reading

O Grupo Popular propón por terceira vez que o Parlamento aprobe unha declaración reclamando un informe independente e incontrovertido sobre o sinistro de Angrois

Santiago, 21 de febreiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, propuxo hoxe por terceira vez a aprobación polo Parlamento galego dunha declaración institucional na que se solicite a elaboración dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente ferroviario de Angrois. Fernández Prazo reiterou o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente coa maior profundidade e rapidez posible, pero sinalou que “é  necesario que se faga nos foros adecuados, nos que teñen competencias para elo e fuxindo de usos demagóxicos e partidistas deste tráxico suceso”.

Continue reading