Skip to content

O Grupo Popular propón por terceira vez que o Parlamento aprobe unha declaración reclamando un informe independente e incontrovertido sobre o sinistro de Angrois

Santiago, 21 de febreiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, propuxo hoxe por terceira vez a aprobación polo Parlamento galego dunha declaración institucional na que se solicite a elaboración dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente ferroviario de Angrois. Fernández Prazo reiterou o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente coa maior profundidade e rapidez posible, pero sinalou que “é  necesario que se faga nos foros adecuados, nos que teñen competencias para elo e fuxindo de usos demagóxicos e partidistas deste tráxico suceso”.

Martín Fernández iniciou a súa intervención manifestando a solidariedade do Grupo Popular coas vítimas e coas súas familias, “trasladándolles tamén o noso respecto, cariño e comprensión”. Neste sentido, reiterou “o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente, unha demanda xusta das vítimas, dos familiares e do conxunto dos galegos que queren saber que pasou e que queren que, como consecuencia desta investigación, se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”.

 

NEGATIVA DA OPOSICIÓN

 

De seguido, lembrou que o Grupo Popular xa propuxo o pasado 12 de xullo a aprobación polo Pleno dunha declaración institucional a través da que se solicitaba a apertura dunha investigación independente sobre o accidente de Angrois. “Lamentablemente, esa declaración non saíu adiante como consecuencia do veto dos grupos parlamentarios de BNG, AGE e Mixto”, sinalou.

 

“Recentemente, a través do portavoz do Grupo Popular, propúxose de novo facer esta declaración conxunta, que incorpore as recomendacións da Eurocámara e que propoña a redacción dun novo informe técnico incontrovertido e incuestionable que aporte certezas e verdades ás vítimas e as súas familias”, sinalou, e dirixíndose aos grupos da oposición indicou que “aínda están a tempo de que fagamos esta declaración conxunta e de que quede clara unha proposta unánime deste Parlamento”.

 

Fernández Prazo explicou que o Grupo Popular “aceptou que por cuarta vez se debata neste Parlamento sobre a constitución dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois”, aínda que lembrou que “este non é foro adecuado”. En concreto, referiuse á doutrina xa asentada do Consello de Estado segundo a que os directivos da Administración do Estado non responden ante os parlamentos autonómicos, senón ante as cortes xerais, “polo que esta comisión de investigación no Parlamento galego tería pouca capacidade para investigar este accidente”.

 

“No ámbito competencial, a Galicia correspondeulle socorrer ás vítimas, e o fixo dilixente e adecuadamente, e, como a totalidade dos galegos, estamos moi agradecidos ás persoas que traballaron e colaboraron nesta atención ás vítimas e aos seus familiares: persoal sanitario, de seguridade, de emerxencias, e mesmo os veciños, todos estiveron a altura e fixeron un traballo, mais que loable”, subliñou.

 

INVESTIGACIÓN DO ACCIDENTE

 

Para rematar, o portavoz popular lembrou que o Regulamento do Parlamento recolle a posibilidade de que 25 deputados dun mesmo grupo parlamentario ou 30 de dous ou máis grupos parlamentarios pidan e aproben a apertura dunha comisión de investigación, “polo que se os grupos da oposición queren abrir esta comisión poderían facelo sen os votos do Grupo Popular”.

 

Fernández Prado recordou que “o accidente está sendo investigado en instancias xudiciais, polo que as responsabilidades deberán  ser dirimidas nese marco e as responsabilidades técnicas no marco das comisións técnicas e independentes correspondentes”. “E unha vez coñecida a investigación xudicial e as conclusións técnicas, será o momento de esixir, no seu caso, as responsabilidades políticas, sempre no foro adecuado”, concretou.

 

Axuntamos a declaración institucional proposta polo Grupo Popular para a súa aprobación no Parlamento galego:

PROPOSTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE
O ACCIDENTE FERROVIARIO DE ANGROIS DO 24 DE XULLO DE 2013

    O 24 de xullo de 2013 produciuse no lugar de Angrois, nas proximidades de Santiago de Compostela, o accidente de ferrocarril máis grave da nosa historia, no que faleceron 81 persoas e máis de 150, practicamente ata completar a pasaxe, sufriron feridas de distinta gravidade.

 

Aquela noite, tanto os veciños de Angrois como a sociedade galega, a través do persoal de emerxencias, sanitario, das forzas de seguridade e os servizos de doazón, responderon á grave situación demostrando que o pobo galego é un pobo solidario que soubo estar á altura das circunstancias nunha situación tan dramática como a xerada polo accidente ferroviario de Angrois.

 

    O Parlamento de Galicia considera imprescindible, como acto de xustiza coas vítimas, os seus familiares e os seus achegados, e como garantía da seguridade do funcionamento dos servizos públicos, que se coñeza a verdade do que pasou.

 

    O Parlamento de Galicia considera que o accidente de Angrois debe investigarse con independencia técnica e profundidade, á marxe das actuacións xudiciais, de tal maneira que os resultados de dita investigación cheguen a conclusións incontrovertidas sobre as súas causas e as medidas que hai que adoptar para garantir a seguridade do transporte ferroviario que transcorre polo territorio de Galicia e do conxunto de España.

 

    Por ilo, e á luz da publicación do informe elaborado pola Axencia Europea Ferroviaria (European Railway Agency) para a Comisión Europea “en relación coas fortalezas e debilidades do Informe de investigación do accidente de Santiago de Compostela do 23 de xullo de 2013” (ERA/ADV/2015-6), o Parlamento de Galicia solicita, tal e como demanda o mencionado informe, que “se abra unha investigación que reúna os requisitos de independencia e analice como mínimo as debilidades ás que fai referencia este documento” respecto das investigacións ata o de agora realizadas.

Noticias recomendadas

O PP de Galicia sae “aínda máis reforzado” da Intermunicipal para seguir traballando polos veciños e veciñas dos 313 concellos
O Partido Popular de Galicia sae “aínda máis reforzado” para seguir traballando polos veciños e veciñas dos 313 concellos despois da súa participación na XXVII Intermunicipal do PP esta fin de
El PPdeG pone ejemplos de políticas de termalismo, conciliación o gestión de los residuos que han transformado territorios
Tres representantes del PPdeG pusieron esta tarde ejemplos, delante de compañeros de toda España, de políticas de termalismo, conciliación o gestión de los residuos que han transformado sus territorios. En
El PPdeG sitúa las políticas sociales de Galicia en materia de cuidado de los mayores y conciliación como referencia para toda España
El PPdeG reivindicó hoy las políticas sociales que durante los últimos años se vienen implementando en Galicia en materia de cuidado de los mayores y conciliación por considerarlas una referencia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies