Santiago, 4 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jaime Castiñeira solicitou hoxe no Parlamento que a empresa Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) “aplique bonificacións nos prezos de venda de solo empresarial nos polígonos da súa competencia semellantes aos que aplica a Xunta”. Neste sentido, criticou que En Marea rexeite a política de bonificacións da Xunta para a compra de solo empresarial, lamentando que “unicamente pidan bonificacións para o polígono de Vimianzo, esquecéndose doutros parques da Costa da Morte como o de Laracha, Malpica, Cee e Muros”.
O PPdeG salienta a loita de Medio Rural contra as pragas do castiñeiro, cun investimento este ano de 680.000 € e a solta controlada de 133.000 insectos inimigos naturais da avespiña
Santiago, 4 de abril de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, salientou hoxe no Parlamento o traballo que está a desenvolver a Xunta de Galicia na loita contra as pragas do castiñeiro, “que este ano se traduce no investimento de 680.000 euros e a solta controlada de 133.000 insectos inimigos naturais da avespiña”.
Miguel Tellado repróchalle aos socialistas que “queiran ter o desemprego xuvenil de Alemaña propoñendo o modelo económico de Andalucía”
Santiago, 4 de abril de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, rexeitou este martes unha moción dos socialistas nas que se instaba a derrogar as reformas en materia de emprego “que permitiron que España e Galicia saísen da crise”.
O GPP afirma que Galicia pode achegar ao Pacto de Estado pola Educación a súa experiencia en novas tecnoloxías, ensino plurilingüe ou FP
Santiago, 4 de abril de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, manifestou esta tarde no Parlamento que a Xunta pode achegar ao Pacto de Estado pola Educación “a súa experiencia en ámbitos claves como as novas tecnoloxías, o ensino plurilingüe, a formación profesional ou a mellora e adaptación do sistema universitario galego á realidade socioeconómica do territorio”.
O PPdeG apoia o impulso dun acordo entre empresarios e sindicatos que “estableza unha senda de crecemento nos salarios”
Santiago, 4 de abril de 2017.- O Grupo Popular apoiou este martes no Pleno do Parlamento de Galicia unha moción que vai encamiñada a lograr acordos entre empresas e sindicatos para conseguir unha suba salarial dos traballadores galegos e reforzar as inspeccións para impedir a fraude nas contratacións a tempo parcial, así como para aumentar a vixilancia sobre os contratos de formación.
O PPdeG rexeita a solicitude de En Marea de “reabrir os manicomios, porque a comunidade científica está en contra e os afectados deben integrarse na sociedade”
Santiago, 4 de abril de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, rexeitou esta mañá no Parlamento a solicitude de En Marea de “reabrir os manicomios, nin con ese nome nin con ningún outro, porque a comunidade científica está en contra disto e porque as persoas afectadas de enfermidade mental merecen e deben estar integradas na sociedade”.
Delgado: “Galicia é a segunda comunidade con maior inversión per cápita e recibirá o 11% dos recursos totais nos PXE”
Madrid, 4 de abril de 2017.- O presidente da Comisión de Fomento, Celso Delgado, valorou positivamente que Galicia sexa a segunda comunidade con maior inversión per cápita e que recibirá o 11% sobre o total rexionalizado dos recursos totais nos Presupostos Xerais do Estado, “o cal supón preto do dobre do que nos corresponde por poboación”.
Tellado destaca os datos de paro dun marzo histórico fronte aos nostálxicos da crise
Santiago, 4 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este martes os datos do desemprego relativos ao mes pasado, que achegan unha caída na cifra de desempregados de 21.741 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso interanual do 9,38%.
Continue reading