Skip to content

Tellado destaca os datos de paro dun marzo histórico fronte aos nostálxicos da crise

Santiago, 4 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este martes os datos do desemprego relativos ao mes pasado, que achegan unha caída na cifra de desempregados de 21.741 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso interanual do 9,38%.

Así, subliñou que Galicia “avanza no camiño da recuperación co mellor mes de marzo da serie histórica”, iniciada en 1996, e que “pouco a pouco estamos borrando as pegadas da crise e da súa mala xestión, malia que queda moito por facer”. “Son cifras estimulantes pero, con 210.056 parados, non podemos sentirnos satisfeitos, aínda que si reforzados na nosa convicción de que estamos no bo camiño fronte a aqueles nostálxicos da recesión”, engadiu.

 

Nese senso, Tellado tamén lembra que a Comunidade “xa acadou uns niveis de desemprego inferiores aos de hai oito anos, cando no último ano do bipartito se destruía emprego a ritmo de récord”.

 

Sobre as tendencias que amosan as cifras, puxo enriba da mesa que este é o cuarto mes de marzo consecutivo que cae o desemprego, e que logo de que neste período volvesen a aumentar as afiliacións á Seguridade Social (un 1,98%) se completase o terceiro ano de crecemento desta cifra.

 

O secretario xeral quixo facer un especial fincapé no feito de que caia por riba da media a cifra de desempregados en colectivos que son de especial sensibilidade como os parados de longa duración (10,95%) ou os menores de 30 anos (14,54%), e que están concentrando boa parte dos esforzos nas políticas do Goberno galego neste eido.

 

Con todo, Tellado insistiu en que é necesario “seguir aproveitando a boa onda” e apoiar tanto a creación de emprego como procurar a mellora das condicións dos traballadores para apuntalar a recuperación.

 

Nesta liña, o número dous dos populares galegos puxo en valor o traballo realizado pola Xunta de Galicia nestes últimos anos, salientando iniciativas como a Axenda 20 para impulsar o emprego estable e de calidade. Deste xeito, ademais de lembrar que se reforzaron medidas para os desempregados coa creación de obradoiros, cursos de formación e lanzadeiras de emprego; fixo fincapé na Estratexia para os autónomos á que se dedican 40 millóns de euros e no Plan de Formación e Emprendemento específico para os traballadores do rural, dotado con 30 millóns de euros.

 

CRÍTICAS Á OPOSICIÓN
Para Tellado, as tendencias consolidadas ao longo destes anos son unha mostra de que tanto os gobernos autonómico e central liderados polos populares “acertaron no diagnóstico e nas solucións adoptadas”. Por este motivo critica que “hoxe mesmo os socialistas levan unha moción ao Parlamento na que piden derrogar as reformas que levaron ao país a saír da crise e seguir crecendo na actualidade.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies