Puy salienta o “proceso altamente participativo” que está a seguir a Xunta na planificación do novo mapa de transportes por estrada

Santiago, 5 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o “proceso altamente participativo” que está a seguir a Xunta de Galicia na planificación do novo mapa de transportes por estrada. Neste sentido, apuntou que o plan atópase nestes momentos “en fase de información pública e todos os concellos teñen a oportunidade de presentar as alegacións que lles conveñan”.
Continue reading

O Grupo Popular insta a regular o emprego das novas formas de financiamento de formacións políticas

Santiago, 5 de xuño de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar  unha proposta de resolución ao informe de fiscalización do Consello de Contas sobre as contabilidades electorais das ultimas eleccións autonómicas a través da que se insta á Xunta a adaptar o réxime xurídico vixente en materia de financiamento das formacións políticas para regular o emprego das novas formas de financiamento como o crowdfunding e os microcréditos ou micropréstamos.

Continue reading

Pedro Puy marca como obxectivo manter a tendencia de creación de 20.000 postos de traballo cada ano en Galicia

Santiago, 4 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, expresou hoxe o obxectivo de “manter a tendencia anual de creación de 20.000 postos de traballo en Galicia en anos vindeiros” e apuntou que “o que interesa agora é que ese emprego se vaia consolidando, que sexa a tempo completo e que sexa de calidade para ir recuperando en liñas xerais o poder adquisitivo da parte salarial”.

Continue reading

O Grupo Popular ve nos datos do paro de maio “o anticipo dunha espectacular campaña de verán”

Santiago, 2 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Isabel Novo Fariña afirmou hoxe no Parlamento que os datos de paro relativos ao pasado mes de maio, que revelan que hai 20.826 persoas desempregadas menos con respecto a hai un ano, que supoñen un descenso do 9,45 por cento anual, son “o anticipo dunha espectacular campaña de verán”. Así, lembrou que as cifras atópanse por debaixo das de 2009, e que Galicia encadea máis de tres anos e medio de baixadas interanuais consecutivas.

Continue reading