O GPP rexeita a folga do 8 de marzo porque aposta polo enfrontamento e é elitista, insolidaria e irresponsable

Santiago, 21 de febreiro de 2018.- “Desde o Grupo Popular rexeitamos a folga convocada para o vindeiro 8 de marzo porque aposta polo enfrontamento entre mulleres e homes; por ser elitista e insolidaria; e porque é irresponsable”, explicou hoxe no Parlamento a viceportavoz popular, Paula Prado. Neste sentido, apuntou que “nós seguiremos reivindicando a igualdade de oportunidades e facendo propostas en positivo que melloren a situación das mulleres”.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a incluír a construción modular de vivenda no seu programa de promoción pública

Santiago, 21 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a incluír a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública, co obxectivo de avanzar na industrialización dos procesos de construción de vivendas e reducir prazos no proceso de construción de novas vivendas para os sectores máis desfavorecidos da poboación.

Continue reading

O Parlamento aproba de xeito unánime unha proposición non de lei para que o Goberno central amplíe o listado de enfermidades consideradas raras e graves

Santiago, 21 de febreiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei conxunta dos catro grupos parlamentarios, impulsada pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), a través da que se solicita ao Goberno do Estado a ampliación do listado de enfermidades contempladas no anexo do Real Decreto 1148/2011, de forma que inclúa aquelas enfermidades minoritarias consideras graves non incluídas no listado actual, así como os casos graves que estean no proceso de busca de diagnóstico dunha enfermidade rara.

Así mesmo, demándase que o Goberno central efectúe os cambios pertinentes neste Real Decreto para especificar criterios que definan o que se entende por “coidado directo, continuo e permanente”, xa que é un aspecto básico no que se fundamenta a resolución da prestación.

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, explicou que “as patoloxías pouco frecuentes afectan a moitas persoas, xa que segundo a Organización Mundial da Saúde xa están recoñecidas unhas 7.000 enfermidades raras, que as estatísticas afirman que poden alcanzar a un 7 por cento da poboación”. “Se aplicamos esa cifra ao total da poboación española, poderíamos deducir que uns tres millóns de persoas poden padecer unha enfermidade rara no noso país, polo que calquera de nós pode sufrir unha enfermidade rara en calquera etapa da súa vida”, apuntou.

Continue reading