O Grupo Popular rexistra 40 propostas de resolución para continuar pola senda da recuperación económica e da mellora na prestación de servizos públicos

Santiago, 10 de outubro de 2018.- O Grupo Popular rexistrou esta mañá as súas 40 propostas de resolución do Debate sobre o Estado da Autonomía, que inciden nas medidas anunciadas polo Presidente da Xunta na súa intervención de onte ante o Pleno e que permitirán continuar pola senda da recuperación económica de Galicia e da mellora na prestación dos servizos públicos a todos os galegos.
Continue reading

Puy afirma que Galicia “está medrando e creando emprego, mellorando a educación e a sanidade públicas”

Santiago, 9 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Debate sobre o Estado da Autonomía que “Galicia está medrando e creando emprego, con menos paro que en España, ao tempo que este Goberno galego ten mellorado, pese á crise, a educación e a sanidade públicas”. Así mesmo, salientou que o Presidente da Xunta “cre no seu país, no seu potencial e nas súas institucións, e quere seguilo cambiando para facelo mellor e impulsar reformas substanciais que transforman para ben Galicia”.
Continue reading

Puy asegura que “quedou claro que Feijóo ten ideas e proxecto non só para esta lexislatura senón para máis tempo”

Santiago, 9 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que na intervención do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía “quedou claro que ten ideas e proxecto, no só para o que queda de lexislatura senón para máis tempo, como o demostra o anuncio dun novo Plan Estratéxico para Galicia 2021-2027 ou a preparación do Xacobeo 2021”. “Certamente, non da a impresión de que esteamos ante un Presidente cansado, o que si pode ser é que algúns se cansen de ver que o Presidente segue a ter proxectos para Galicia”, sinalou.
Continue reading