O PPdeG presentará unha moción en todos os concellos de rexeitamento aos Orzamentos de Sánchez

23, xaneiro, 2019.  O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que o PPdeG decidiu reaccionar ao insulto que supón o borrador de Orzamentos Xerais do Estado presentado polo Goberno e, por este motivo, presentará unha moción en todos os concellos de rexeitamento a estas contas, que sofren un “recortazo” do 19% en Galicia mentres os investimentos medran máis dun 50% en Cataluña.

Continue reading

O Parlamento pide que a Xunta dinamice a participación da sociedade en tarefas de protección civil

Santiago, 23 de xaneiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a dinamizar a participación da sociedade en tarefas de protección civil a través de campañas de promoción do voluntariado, de captación de novos membros e da promoción do recoñecemento social e institucional do labor deste persoal voluntario.
Continue reading

O PPdeG pedirá no Pleno que o Goberno central estableza de inmediato un marco eléctrico estable e un prezo competitivo ás empresas electrointensivas galegas

Santiago, 22 de xaneiro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno de España unha resposta inmediata á proposta consensuada coa industria electrointensiva galega para establecer un marco eléctrico estable e un prezo competitivo ás empresas.
Continue reading

O Parlamento demanda á Xunta impulsar mecanismos para que os concellos tramiten axeitadamente a limpeza de fincas e faixas de protección de montes

Santiago, 22 de xaneiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar os mecanismos necesarios para que os concellos de Galicia, especialmente os máis pequenos, poidan realizar axeitadamente todos os trámites administrativos que teñen que ver coa limpeza e conservación tanto das fincas como das faixas de protección nos montes galegos, ao tempo que colabora coas entidades municipais nos traballos técnicos de redacción e elaboración dos planos que delimitarán estas faixas de protección nos diferentes núcleos de poboación.
Continue reading

O Parlamento reclama unha etiquetaxe máis detallada para protexer o mel nacional fronte ao de importación

Santiago, 22 de xaneiro de 2019. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei para solicitar ao Goberno de Estado unha etiquetaxe do mel que especifique de forma clara e precisa a orixe do produto, indicando ademais a porcentaxe concreta de mel de cada procedencia no caso de produtos de mestura, na liña do que está reclamando o colectivo de apicultores.
Continue reading