O Grupo Popular avoga por “darlle contido ás entidades creadas e non xerar máis administración e burocracia para informar sobre tarifas eléctricas”

A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, subliñou hoxe o traballo de asesoramento e información que desenvolve a Xunta de Galicia sobre as tarifas eléctricas existentes, polo que avogou por “darlle contido ás entidades que temos creadas e non en xerar máis administración e burocracia” como pretende En Marea.
Continue reading

O Grupo Popular critica que a ministra de Sanidade “ningunee á Xunta na súa visita ao Laboratorio de Biotoxinas en Vigo, co agravante de que anunciou o que xa sabíamos hai un ano”

Santiago, 29 de xaneiro de 2019.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, criticou hoxe “o ninguneo ao Goberno galego e a nova falta de respecto institucional amosada polo Goberno central socialista” coa visita que onte fixo a ministra de Sanidade ao Laboratorio de Biotoxinas de Vigo, “co agravante de que viu anunciar o que xa sabíamos desde o pasado ano”.
Continue reading

O PPdeG asegura que a tarifa eléctrica galega do BNG “sería un mal negocio para os galegos porque perderíamos 300 millóns de euros cada ano”

Santiago, 29 de xaneiro de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, incidiu hoxe no Parlamento que a proposta de tarifa eléctrica galega defendida polo BNG “sería un mal negocio para os galegos porque perderíamos máis de 300 millóns de euros ao ano, é insolidaria co resto de España e excede as competencias da Comunidade galega, porque a regulación enerxética é competencia do Estado”.
Continue reading

O Grupo Popular demanda a Caballero que se sume á reclamación conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León polo corredor atlántico ferroviario

Santiago, 25 de xaneiro de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe “o desprezo co que o secretario xeral dos socialistas galegos valorou o acto celebrado esta mañá en Santiago no que máis de 150 persoas da política, a economía e a sociedade de Galicia, Asturias e Castela e León, entre as que mesmo figuraban o presidente do seu partido en Asturias, o seu portavoz no Parlamento galego ou o presidente socialista da Fegamp, no que se reclamou fondos para impulsar o corredor atlántico ferroviario”.
Continue reading