Feijóo di que o PPdeG garante mellores alcaldes porque só se deberán aos veciños

20, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que os candidatos do PPdeG gobernarán sendo libres e só debéndose aos seus veciños, o que garantirá mellores alcaldes e gobernos que unicamente renderán contas ante os cidadáns e non ante os concelleiros aos que lles debe a alcaldía: “Nós queremos un alcalde que non lle deba nada a ningún partido político, senón que llo deba todo aos seus veciños”.

Continue reading

O PPdeG demandará no Pleno que o Goberno do Estado impida o impacto negativo que terá para o sector galego a instrución ditada para a importación de pesca conxelada ou procesada

Santiago, 21 de maio de 2019.- O Grupo Popular demandará ao Goberno do Estado no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que impida o impacto negativo que terá para o sector pesqueiro galego, e o porto de Vigo especialmente, a instrución ditada para a importación de pesca conxelada ou procesada, que provocou a paralización de contedores e o seu desvío a Portugal.

Continue reading