Skip to content

O PPdeG demandará no Pleno que o Goberno do Estado impida o impacto negativo que terá para o sector galego a instrución ditada para a importación de pesca conxelada ou procesada

Santiago, 21 de maio de 2019.- O Grupo Popular demandará ao Goberno do Estado no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana que impida o impacto negativo que terá para o sector pesqueiro galego, e o porto de Vigo especialmente, a instrución ditada para a importación de pesca conxelada ou procesada, que provocou a paralización de contedores e o seu desvío a Portugal.

 

 

Na mesma sesión plenaria, o Grupo Popular tamén defenderá que se manteña a condición de familia numerosa de tipo especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia e dependencia dos pais que esixe a lei, na liña das últimas sentenzas xudiciais e de acordo á recomendación do Defensor do Pobo.

 

Ao remate da Xunta de Portavoces, o viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, informou que a orde do día da sesión plenaria da vindeira semana incorpora o debate de totalidade do proxecto de Lei de administración dixital de Galicia, unha norma que permitirá consolidar unha administración galega totalmente dixital e universalizar o uso e acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais.

 

Máis en concreto, Tellado indicou que esta nova lei “ten dous obxectivos principais: blindar os mecanismos de dixitalización implantados nos últimos anos na Administración galega e aproveitar esta dixitalización levada a cabo para cambiar a maneira de prestar servizos, pasando a un modelo de administración máis proactivo, que utilice os datos que manexa da cidadanía para facilitarlle, previo consentimento do usuario, os servizos”.

 

COMPARECENCIA SOBRE O PLADIGA

 

O Pleno tamén inclúe a comparecencia do conselleiro do Medio Rural para informar sobre o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais (Pladiga). O viceportavoz popular lembrou que este plan foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 2 de maio e, como novidades, prevé o uso de drons para vixilancia, detección, investigación e apoio na extinción e a ampliación da rede de vixilancia fixa.

 

“Serán máis de 7.000 as persoas implicadas no operativo, contabilizando as da propia Xunta, da Administración do Estado e dos concellos, apoiadas por unha trintena de medios aéreos e por 360 motobombas, entre outros medios”, lembrou Tellado, quen engadiu que se reforzará a colaboración cos concellos na prevención e defensa das aldeas, apóstase por potenciar o emprego de queimas controladas para a xestión da biomasa e foméntase a cooperación cidadá contra a actividade incendiaria a través dun número de teléfono anónimo de denuncia.

 

RESTAR COMPETITIVIDADE

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará ao Goberno do Estado a adopción de medidas efectivas para evitar restar competitividade ao sector pesqueiro galego e impedir o impacto negativo que terá a aplicación da nova instrución para a importación de pesca conxelada ou procesada, sobre todo no porto de Vigo.

 

Miguel Tellado explicou que esta nova instrución impón máis trabas administrativas ás importacións de produto desde terceiros países, xa que recolle que o 100 por cento das súas partidas terán que pasar  por un proceso de verificación, no que se esixirá aos operadores que aporten unha copia dos certificados de captura para avalar que o peixe foi conxelado, procesado ou transportado a bordo de buques autorizados pola Unión Europea.

 

“Estas novas trabas administrativas están a prexudicar directamente ao sector en Galicia, xa que provocou a paralización de contedores e o seu desvío a Portugal, reactivando a fuga de mercancías do porto de Vigo cara ao de Leixoes”, indicou.

 

FAMILIAS NUMEROSAS

 

A segunda proposición non de lei que defenderá o Grupo Popular ten como obxectivo que se manteña en Galicia a condición de familia numerosa de tipo especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia e dependencia dos pais que esixe a lei, ao tempo que se solicita ao Goberno do Estado para que recupere a homoxeneidade a nivel nacional en beneficio das familias numerosas de tipo especial e se adecúe ao que veñen expresando os tribunais.

 

Por último, o Grupo Popular preguntará ao Goberno galego sobre os avances na construción e posta en marcha do Edificio Fontán na Cidade da Cultura de Galicia; o balance do procedemento administrativo que levou á declaración da Ribeira Sacra como ben de interese cultural; ou o funcionamento da Tarxeta Benvida desde a súa posta en marcha.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos pide ao BNG que “abandonen a súa nefasta idea de que Galicia teña un cupo”, logo do informe publicado onte polo Foro Económico
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, pediu hoxe ao BNG que “deixen de facerlle o caldo gordo aos seus aliados independentistas cataláns e abandonen a súa idea nefasta de
Alberto Pazos asegura que o Grupo Popular porá “todo o que estea na nosa man para facilitar e axilizar” a celebración da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Xunta
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “imos facilitar e axilizar con todo o que estea na nosa man” a celebración da Comisión de Investigación sobre a
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que vele pola existencia de postos de control autorizados para animais en todos os portos de saída de gando cara terceiros países
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do PSdeG, unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies