O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que ingrese a Galicia os 200 millóns que debe da mensualidade do IVE de 2017

Santiago, 18 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que ingrese a Galicia as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes a unha mensualidade do exercicio 2017, ao tempo que se solicita a convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

Continue reading

O PPdeG asegura que a modificación do estatuto do Agadic supón unicamente cambios administrativos

Santiago, 18 de decembro de 2019.- A deputada popular Maribel Novo Fariña incidiu hoxe no Parlamento que a modificación do estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) “non implica nin privatización, nin desmantelamento, nin redución de competencias nin cambio ou reforma das políticas ou programas desta entidade, porque unicamente se trata de cambios administrativos na estrutura interna para permitir axilidade e eficiencia na implantación das políticas e programas que continuamente se negocian cos distintos sectores”.

Continue reading

O Parlamento demanda a Fomento a elaboración á maior brevidade do Plan Director de transporte de mercadorías para o noroeste peninsular

Santiago, 18 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento a elaboración e presentación, á maior brevidade, dun Plan Director de transporte de mercadorías para o noroeste peninsular, que estableza unha programación para o desenvolvemento dunha rede ferroviaria de calidade e acorde cos requisitos establecidos para a rede principal da Rede Transeuropea de Transporte.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que o Plan Estratéxico de Saúde Mental permitirá diminuír o impacto que o padecemento dun trastorno xera nas persoas

Santiago, 18 de decembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe que o Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia, que entrará en vigor en 2020, permitirá “diminuír o impacto que o padecemento dun trastorno mental xera nas persoas que o presentan e nas súas familias”.

 

Encarna Amigo manifestou que “os rápidos cambios sociais, as condicións de traballo estresantes, a discriminación de xénero, a exclusión social, os estilos de vida pouco saudables, o baixo nivel educativo, a violencia e a mala saúde física son factores de risco para o desenvolvemento de trastornos mentais”.

 

“O Sergas, atento ás necesidades dos galegos, valora esta problemática e creou hai varios meses un grupo de traballo ao que se lle encargou a elaboración do Plan Estratéxico de Saúde Mental”, sinalou a deputada popular.

 

O obxectivo, como avanzou o conselleiro na súa comparecencia en Comisión no Parlamento para presentar os orzamentos de 2020, é aprobar o vindeiro ano o Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2023, que contará con cinco liñas estratéxicas e 112 proxectos para mellorar a calidade dos servizos prestados en materia de asistencia sanitaria.

 

“Este plan, traballado, meditado e elaborado por especialistas, recolle o desenvolvemento de programas e recursos para a atención á saúde mental, a promoción da investigación e a innovación”, engadiu Encarna Amigo.

O Grupo Popular demanda ao Goberno central que cumpra coa Lei e fixe unha financiación adecuada e suficiente para a educación non universitaria

Santiago, 18 de decembro de 2019.- A portavoz de Educación do Grupo Popular, María Antón Vilasánchez, demandou hoxe ao Goberno central que “cumpra coa Lei 4/2019 de mellora das condicións para o desempeño da docencia e da ensinanza no ámbito da educación non universitaria, establecemento un marco de financiamento adecuado e suficiente”.

Continue reading

O PPdeG defende no Pleno a posible recuperación do paridoiro de Verín se cumpre as condicións de seguridade e se cobren as prazas de pediatría

Santiago, 17 de decembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe no Pleno que a Xunta “manteña o seu compromiso coa asistencia sanitaria aos veciños de Verín, abrindo a posibilidade da recuperación do paridoiro se cumpre as condicións de seguridade para elo e se cobren as prazas de pediatría convocadas para o Hospital Comarcal”.

Continue reading

O Grupo Popular apoia solicitar á Xunta un informe detallado sobre o accidente do buque Blue Star

Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Grupo Popular apoiou a aprobación esta tarde no Pleno do Parlamento dunha moción a través da que se solicita á Xunta que presente un informe detallado do accidente do buque Blue Star, ao tempo que se esixe a garantía de dotación de medios, sistemas e protocolos de control para enfrontar calquera incidente ou accidente marítimo que se poida producir no futuro na ría de Ares, na súa condición de zona de servizo ou fondeadoiro dos portos de A Coruña e Ferrol.

Continue reading

O Parlamento aproba a Lei de aproveitamento lúdico das augas termais para impulsar o crecemento do sector dun xeito ordenado

Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, que “nace para cubrir un baleiro legal existente na actualidade e permitirá impulsar o crecemento deste sector dun xeito ordenado, á vez que outorgará confianza e seguridade tanto ás instalacións como aos usuarios”, manifestou a portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero.

Continue reading

O Parlamento galego aproba a Lei de acompañamento dos orzamentos, con baixadas de impostos e actualización de taxas administrativas

Santiago, 17 de decembro de 2019.- O Parlamento galego aprobou esta tarde a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos da Xunta para 2020, unha norma que “permite a baixada de impostos e a actualización das taxas administrativas, ademais de resolver cuestións que están dificultando a aplicación dalgunha outra normativa e permite axilizar trámites que melloran a relación da cidadanía coa Administración”.

Continue reading