Tellado lamenta que onte o PSdeG “aplaudise as mentiras do ministro Ábalos”

26, xaneiro, 2020. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, lamentou este domingo que o PSdeG onte “aplaudise as mentiras do ministro Ábalos”. Así, sinalou que o titular da carteira de Transportes “mentiu cando dixo que as obras do AVE galego rematarían en 2019 e volveu a mentir este sábado cando prometeu que a alta velocidade xa estaría en funcionamento en 2021”. Sobre isto, lembrou que o propio Goberno de España enviou informes á Comisión Europea na que retrasa esta data a 2022.

Continue reading