O PPdeG salienta que o Igape facilitou máis de 14.000 millóns de euros para apoiar a 81.000 empresas galegas

Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe no Parlamento que o Igape facilitou máis de 14.000 millóns de euros para apoiar a 81.000 empresas e autónomos galegos. “Os grupos da oposición están ao rebufo do Goberno galego, limitándose a instar medidas que xa están feitas e que sitúan a Galicia nunha mellor posición que o conxunto de España”, salientou.

Continue reading

O Parlamento esíxelle ao Goberno Central a convocatoria urxente da Mesa das Pontes

Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar este mércores unha iniciativa do Grupo Popular na que insta á Xunta de Galicia a que esixa ao Goberno de España a convocatoria urxente da Mesa das Pontes para establecer a folla de ruta que garanta un futuro para as 750 familias que dependen da actividade da central térmica que Endesa ten nesta localidade, non aceptando a tramitación do expediente de peche presentado pola empresa ata que conclúan as probas con distintas mesturas de combustibles e existan alternativas viables para o mantemento do seu emprego.

Continue reading

O Parlamento esixe ao Goberno central que tome medidas urxentes para que a burocracia do Estado “deixe de ser unha barreira para o retorno”

Santiago, 29 de xaneiro de 2020. O Parlamento aprobou hoxe no Pleno unha iniciativa do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España “que elimine con urxencia as barreiras burocráticas que entorpecen, e mesmo bloquean, o retorno dos galegos e españois do exterior” e para que os trámites que teñen que realizar sexan “máis fáciles, máis áxiles e máis flexibles”, tal e como expuxo a deputada Raquel Arias na súa intervención.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que “nunca pactará contra o pluralismo político, os dereitos das mulleres e contra os intereses de Galicia”

Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe no Parlamento que “o PPdeG nunca pactará contra o pluralismo político, nunca pactará contra os dereitos das mulleres e nunca pactará contra os intereses de Galicia”. “Galicia é unha terra de xente sensata e o problema do fascismo só habita nas cabezas dos representantes dos grupos da oposición”, sinalou.

Continue reading