O Grupo Popular incidirá no Pleno en medidas de recuperación económica e emprego a través do naval de Ferrol e a rebaixa do IVE nos servizos deportivos

Santiago, 22 de marzo de 2021.- O Grupo Popular incidirá no Pleno do Parlamento desta semana “en iniciativas que inciden na recuperación económica e a creación de emprego na Comunidade”, como é a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Navantia en Ferrol ou a rebaixa do IVE, do 21 ao 10 por cento, en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.

Continue reading

O Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara mellorar a diagnose e tratamento da silicose a través de unidades de referencia en Galicia

Santiago, 18 de marzo de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, lamentou hoxe que o BNG rexeitara aprobar no Parlamento unha proposición non de lei dirixida a “intensificar o control das condicións de traballo e de cumprimento da prevención de riscos laborais no sector da industria da pedra e do mármore, así como prestar unha atención especializada na diagnose e tratamento da silicose a través de unidades de referencia para toda Galicia”.

Continue reading