Santiago, 22 de marzo de 2021.- O Grupo Popular incidirá no Pleno do Parlamento desta semana “en iniciativas que inciden na recuperación económica e a creación de emprego na Comunidade”, como é a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Navantia en Ferrol ou a rebaixa do IVE, do 21 ao 10 por cento, en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.
Medidas para favorecer os investimentos das industrias lácteas en produtos de maior valor engadido
Iniciativa sobre a adopción por parte do Goberno galego das medidas oportunas para favorecer os investimentos das industrias lácteas en produtos de maior valor engadido
Plan mellora da atención rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para impulsar e desenvolver o Plan de mellora da atención no rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais
O Grupo Popular lamenta que o BNG rexeitara mellorar a diagnose e tratamento da silicose a través de unidades de referencia en Galicia
Santiago, 18 de marzo de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, lamentou hoxe que o BNG rexeitara aprobar no Parlamento unha proposición non de lei dirixida a “intensificar o control das condicións de traballo e de cumprimento da prevención de riscos laborais no sector da industria da pedra e do mármore, así como prestar unha atención especializada na diagnose e tratamento da silicose a través de unidades de referencia para toda Galicia”.