Elena Muñoz denuncia que “el Ejecutivo con una mano despilfarra y con la otra mano asfixia a impuestos a autónomos, empresas y familias”.
O PPdeG critica que BNG e PSdeG defendan a xestión directa nas residencias desde a oposición e impulsen un modelo distinto no goberno
Santiago, 11 de maio de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou esta tarde no Pleno do Parlamento a BNG e PSdeG por “defender un modelo de xestión directa das residencias de maiores cando están na oposición e impulsar un modelo totalmente distinto onde teñen responsabilidades de goberno”. “O certo é que cada vez que tiveron ocasión, non dubidaron en ceder a xestión de servizos públicos a empresas ou fundacións”, engadiu.
O Grupo Popular pide no Pleno do Parlamento que todas as administracións se sumen ao Pacto de Estado por Ferrolterra
Santiago, 11 de maio de 2021.- O Grupo Popular incorporou hoxe no Pleno do Parlamento, á súa proposición non de lei demandando carga de traballo para os estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, a solicitude para que todas as administracións públicas, especialmente o Goberno de España, se sumen ao Pacto de Estado por Ferrol proposto polo Goberno galego.
O PPdeG prioriza, sobre o traspaso de competencias, que o Estado abone as débedas polo IVE de 2017 ou o cumprimento das regras de gasto
Santiago, 11 de maio de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que “non renunciamos a ter máis competencias que sexan útiles e melloren a xestión dos galegos, pero consideramos prioritario o pago de xeito inmediato dos 204 millóns de euros do IVE de 2017 recoñecidos pola sentenza do Tribunal Supremo, os incentivos polo cumprimento das regras de gasto e déficit, as transferencias das políticas de emprego, a titularidade da AP-9 cos fondos correspondentes e a xestión do dominio público marítimo-terrestre”.
O PPdeG lamenta que BNG e PSdeG “confundiron a oferta para construír o novo modelo de residencias cun cheque en branco para a demagoxia”
Santiago, 11 de maio de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, lembrou hoxe no Pleno do Parlamento a BNG e PSdeG que “tendémoslles a man para construír xuntos un novo modelo de atención para os nosos maiores, pero lamentablemente confundiron un ofrecemento sincero cun cheque en branco para a demagoxia”.
O Parlamento galego aproba a lei de recuperación da terra agraria, unha norma “necesaria e valente para que o rural siga mellorando”
Santiago, 11 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, unha norma “necesaria e valente que dará máis instrumentos ao noso rural para seguir mellorando”, manifestou a portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia.