O Parlamento galego demanda que todas as administracións asinen un Pacto de Estado por Ferrol para dar resposta ás necesidades da comarca

Santiago, 12 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda a todas as administracións públicas, especialmente ao Goberno de España, a firma dun Pacto de Estado por Ferrol que dea unha resposta conxunta aos problemas da comarca, protexa o emprego e a industria, e se garanta un futuro para Ferrol, Eume e Ortegal. Así mesmo, reitérase unha vez máis a esixencia ao Goberno de España para que encargue a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Navantia en Ferrol, que dote de carga de traballo inmediata tanto á plantilla principal como á industria auxiliar.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que adecúe a lei de saúde pública para afrontar a pandemia sanitaria

Santiago, 12 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG nin de PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España que proceda a unha adecuación da lexislación orgánica en materia de saúde pública que lle aporte maior detalle e concreción, en orde a proporcionar ás autoridades sanitarias competentes o mellor marco xurídico posible para afrontar as situacións presentes e futuras de risco grave para a saúde pública.

Continue reading

O Grupo Popular reitera a necesidade de que o Goberno central estableza un novo modelo de financiamento autonómico e local

Santiago, 12 de maio de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, reiterou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “levamos anos reclamando reiteradamente ao Goberno central a definición dun novo modelo de financiamento autonómico e local, que dea certezas dos recursos cos que pode contar cada administración e que teña en conta as particularidades dos concellos galegos na súa distribución, como os factores demográficos e de dispersión xeográfica”.

Continue reading