O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central cubra as vacantes da Policía Autonómica e manteña as garantías ambientais para a instalación de parques eólicos

Santiago, 7 de xuño de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central articule un concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes existentes na Policía Autonómica e que non aplique o Real Decreto-Lei 6/2022 que elimina o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais para determinados parques eólicos cunha potencia instalada igual ou inferior a 75 MW.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ampliar o número de concellos que colaboran con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa

Santiago, 7 de xuño de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a incrementar o número de concellos que colaboran con Portos de Galicia no control da práctica da pesca recreativa nos peiraos dos seus municipios, velando pola seguridade de todos os usuarios e polo desenvolvemento normal da actividade portuaria.

Continue reading

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de España unha operación para localizar o Villa de Pitanxo e realizar un estudo sobre o seu estado

Santiago, 7 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o pecio do buque Villa de Pitanxo, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como a recoñecer os seus arredores e zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos.

Continue reading