Skip to content

O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central cubra as vacantes da Policía Autonómica e manteña as garantías ambientais para a instalación de parques eólicos

Santiago, 7 de xuño de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central articule un concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes existentes na Policía Autonómica e que non aplique o Real Decreto-Lei 6/2022 que elimina o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais para determinados parques eólicos cunha potencia instalada igual ou inferior a 75 MW.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o viceportavoz popular, Alberto Pazos, informou que na sesión plenaria da vindeira semana comparecerá o conselleiro de Sanidade para informar sobre as medidas desenvoltas e das futuras actuacións previstas na atención primaria ante a situación de déficit de especialistas en medicina de familia.

 

73 POR CENTO DOS AXENTES AUTONÓMICOS

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará que o Ministerio do Interior articule un concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia, xa que na actualidade conta con 367 axentes dos 500 efectivos previstos.

 

Alberto Pazos lembrou que o ministro Marlaska anunciou onte nun encontro de Ameripol en Santiago que proximamente se asinará o acordo para realizar un concurso e cubrir as prazas vacantes na Policía Autonómica. “O certo é que non hai ningunha información concreta ao respecto”, sinalou o viceportavoz popular, quen cualificou de “irónico que se fale de cooperación policial entre administracións nun acto ao que a Xunta non foi convidada”. Deste xeito, lamentou que “unha vez máis non se convoque ao Goberno galego a este tipo de actos, a pesar da lealdade e cooperación coa que sempre respondeu o Goberno galego”.

 

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que o Goberno de España non aplique os criterios recollidos no Real Decreto-Lei 6/2022 para eliminar en determinados parques eólicos o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais que permiten unha axeitada tramitación ambiental.

 

ESTRITO CONTROL NA INSTALACIÓN DE EÓLICOS

 

Pazos manifestou que “nos sorprende a insistencia da oposición en Galicia para que se tomen medidas que garantan un estrito control na instalación de parques eólicos en Galicia, ao mesmo tempo que BNG e PSdeG apoian medidas a nivel nacional que reducen as garantías ambientais nos parques eólicos que son competencia directa do Goberno do Estado”. “Diante desta situación incongruente, pedimos que a Xunta se preocupe por este tema de xeito que se respecten as mesmas garantías na instalación de parques eólicos tanto a nivel estatal como galego”, sinalou.

 

Relacionado con este asunto, o Grupo Popular tamén cuestionará ao Goberno galego sobre o actual modelo de desenvolvemento eólico de Galicia, “un exemplo a nivel nacional xa que o 77,5 por cento do territorio galego está blindado ante a instalación de eólicos, esixindo rigorosas garantías ambientais, técnicas e legais”.

 

Así mesmo, o Grupo Popular interesarase polas conclusións do informe sobre o aumento dos custos de produción no sector vacún de leite en Galicia e sobre os plans do Goberno central á hora de planificar a renovación das liñas de autobuses da súa competencia. Alberto Pazos considerou “incomprensible que o Goberno de España poida defender que é beneficioso para os cidadáns un mapa de transporte estatal con menos rutas, menos servizos, menos quilómetros percorridos, menos paradas e máis transbordos”.

Así, concretou que máis de 136.000 galegos de 23 concellos quedarán sen parada de autobús, reducíndose 76 servizos interiores en Galicia coa escusa de que este novo mapa só presta servizos interautonómicos. “Non é razoable que se afonde na desigualdade entre a poboación que vive no rural e nas zonas urbanas, polo que é necesario que se rectifique esta medida que só condena ao rural e fomenta un desmantelamento total dos servizos de transporte público”, engadiu.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies