O Parlamento de Galicia aproba garantir a participación de representantes de atención primaria en todas as comisións e comités clínicos das áreas sanitarias

Santiago, 13 de outubro de 2022- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa popular na que se pide actualizar o decreto 97/2001, do 22 de marzo, de regulación básica dos órganos de dirección do Sergas, para garantir a participación de representantes de atención primaria en todas as comisións e comités clínicos das áreas sanitarias.

Continue reading

O Parlamento de Galicia aproba seguir impulsando os distintos programas de apoio ao acollemento familiar e ampliar o investimento neste ámbito

Santiago, 13 de outubro de 2022-  O Parlamento de Galicia aprobou, na sesión da Comisión 5ª de hoxe, unha iniciativa parlamentaria encamiñada a que a Xunta continúe impulsando os distintos programas de apoio ao acollemento familiar e ampliar o investimento destinado a este ámbito. “O Grupo Popular presenta esta iniciativa que pretende impulsar o acollemento familiar por considerar que é a mellor fórmula para protexer o interese superior de nenos, nenas e  adolescentes en situación de desamparo” indicou o viceportavoz popular Alberto Pazos, encargado de defender a iniciativa.

Continue reading

O Parlamento galego pide ao Goberno central adecuar a folla de roteiro do biogás ao potencial existente para producir este gas renovable en España

Santiago, 11 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España adecuar a folla de roteiro do Biogás ao potencial existente para producir este gas renovable, así como adoptar as medidas necesarias, tanto desde o punto de vista normativo como de incentivos económicos, para impulsar o desenvolvemento das plantas axeitadas para converter nunha realidade os obxectivos que se marcan na estratexia REPowerEU en relación con esta tecnoloxía, a través do impulso dunha cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas.

Continue reading