Skip to content

O Grupo Popular no Parlamento galego e no Senado defenderán iniciativas reclamando obras no Corredor Atlántico ferroviario

7 de novembro de 2022. O Grupo Popular demandará no Pleno do Parlamento de Galicia desta semana que o Goberno central, logo do decepcionante resultado do cumio hispano-portugués celebrado o pasado venres, avance de xeito inequívoco na modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-Fronteira portuguesa, incluíndo partidas económicas nos presupostos do Estado para 2023. Pola súa banda, os senadores do Partido Popular na Comisión de Infraestruturas avanzaron a presentación dunha iniciativa na Cámara Alta solicitando proxectos e obras fundamentais no corredor Atlántico ferroviario.

Ao remate da xuntanza celebrada esta mañá entre deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia e senadores do PP na Comisión de Infraestruturas, Pedro Puy lamentou que “o proxecto de orzamentos do Estado para 2023 xa avanzaba que a conexión ferroviaria de Porto con Vigo non é unha prioridade para o Goberno de España, ao consignar para esta obra menos de 30.000 euros, unha situación que se confirmou no recente cumio hispano-portugués”.

O portavoz popular lamentou que “infraestruturas importantes para a vertebración de Galicia co resto de España e Europa, ou para a conexión interior na Comunidade galega, están a sufrir importantes retrasos”. Así, recollendo os últimos datos correspondentes a 2022, criticou que o Goberno de Pedro Sánchez so tiña executado en Galicia no primeiro semestre deste ano o 28 por cento do previsto nos orzamentos, unha situación que resulta recorrente porque en 2021 a execución orzamentaria do Estado na Comunidade galega quedou no 67 por cento.

“Temos problemas de execución e iso conleva, ademais, que obras importantes para Galicia non se estean a executar, como a autovía entre Lugo e Santiago, por non falar da modernización do tren Ferrol-A Coruña; o AVE por Cerdedo; a nova autovía Vigo-O Porriño, a autovía da Mariña, a autovía Lugo-Ourense; ou a de Ourense a Ponferrada”, sinalou.

Diante desta situación, o Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento galego desta semana que o Goberno de España avance de xeito inequívoco na modernización dos treitos ferroviarios Vigo-O Porriño e O Porriño-Fronteira portuguesa, tanto no ámbito administrativo como orzamentario, de xeito que se acompasen os tempos á planificación prevista polo Goberno de Portugal e que fixa en 2030 a chegada do AVE a Valença.

ORZAMENTOS QUE NON VALEN

Pola súa banda, o senador popular Juan José Sanz avanzou a presentación na Cámara Alta dunha iniciativa en relación coa construción e mellora do corredor atlántico para o seu debate no Pleno da Cámara Alta.

Sanz cualificou como “unha gran oportunidade” para as infraestruturas tanto o cumio hispano-portugués como os orzamentos do Estado para 2023, aínda que criticou que “xamais se tramitaron uns presupostos que o propio Goberno de España xa anunciou que non valen, porque non se corresponden co que remitiron a Europa”. “Son unha tomadura de pelo tanto ás cámaras do Congreso e o Senado como ao conxunto dos españois”, sinalou.

Pedro Puy engadiu que no Pleno desta semana o Grupo Popular tamén demandará ao Goberno central que amplíe os prazos sinalados no Real Decreto-Lei que establece a obrigatoriedade de que os promotores de parques eólicos acrediten o cumprimento duns determinados fitos administrativos. A aprobación deste Real Decreto-Lei polo Goberno central supuxo que a Xunta recibira 144 novas solicitudes de tramitación de parques eólicos nun breve prazo de tempo, que suman máis de 4.000 MW, o que equivaldría a duplicar a potencia actual instalada.

Esta esixencia imposta desde o Goberno central provoca que na actualidade 125 proxectos eólicos, cunha potencia instalada de máis de 3.500 MW, corran o risco de perder os seus permisos de acceso e conexión se non obteñen a Declaración de Impacto Ambiental antes do 24 de xaneiro de 2023. A transcendencia destes parques é que moitos deles están vinculados a contratos de compravenda de enerxía con industrias galegas, como é o caso de Alcoa, Sentury ou Showa Denko.

Tamén dentro da sesión plenaria terá lugar o debate de toma en consideración dos proxectos de Lei reguladora do xogo en Galicia e de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público de Galicia.

INICIATIVAS LEXISLATIVAS

Respecto da primeira iniciativa lexislativa, Puy incidiu que chega ao Parlamento galego despois dun longo proceso de diálogo con todos os colectivos implicados e ten como obxectivo adaptar a norma vixente de 1985 aos tempos actuais. Así mesmo, asegurou que ofrecerá “seguridade, garantindo a protección dos menores de idade e das persoas que o precisen por motivos de saúde”, e incorpora unha serie de medidas de protección tanto da poboación xeral como para desincentivar hábitos e condutas relacionadas co xogo.

O portavoz popular manifestou que “sorprende que os grupos da oposición presentaran emendas de devolución ao proxecto de Lei para reducir a temporalidade no emprego público de Galicia, xa que o obxectivo desta norma é axilizar e dotar de seguridade xurídica nos procesos de estabilización”. Puy destacou que esta nova lei “vén avaliada polos acordos asinados cos sindicatos CC.OO, UXT e CSIF na Comisión de Persoal” e lembrou que a Xunta xa aprobou o pasado mes de maio os decretos de oferta de emprego público, nos que se inclúe un total de 10.338 prazas para este proceso de estabilización de emprego.

Noticias recomendadas

O PPdeG agarda que a “incompetencia do Goberno de Sánchez” e a falta de Presupostos estatais para o próximo ano non prexudique o Xacobeo 2027
O Partido Popular de Galicia alerta de que a incapacidade do Goberno de Sánchez para conseguir aprobar os Presupostos Xerais do Estado implica o risco  de que a declaración do
Alberto Pazos asegura que a Comisión de Investigación sobre a contratación pública acreditou o bo facer do Goberno galego e destapou unha incipiente trama de “nacionalismo de amiguetes”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, fixo hoxe un balance do desenvolvemento da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Administración galega e afirmou que “comezou co obxectivo
Os senadores do PP lucense afean que “o Goberno de Sánchez non teña intención de rebaixar o status de protección do lobo”
“O Goberno de Sánchez non ten intención de rebaixar o status de protección do lobo e, ademais, deriva aos seguros agrarios”, segundo afirman os senadores do PP lucense -José Manuel
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies