Os orzamentos da Xunta para 2023 avanzarán na súa tramitación parlamentaria co debate das emendas á totalidade no Pleno da vindeira semana

15 de novembro de 2022. Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2023 darán a vindeira semana un novo paso na súa tramitación parlamentaria co debate das emendas á totalidade nun Pleno específico que se celebrará o luns. Posteriormente, o Grupo Popular defenderá no Pleno ordinario, con motivo da celebración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller o 25 de novembro, unha proposición non de lei na que insta a todas as administracións a colaborar na prevención, atención ás vítimas e erradicación total da violencia de xénero. Así mesmo, pedirá ao Goberno central a realización de accións para manter viva a memoria das vítimas do terrorismo de ETA, en especial entre a mocidade.

Continue reading

Rueda: “O Goberno galego está aliado con esa maioría que quere estabilidade, xestión e unidade para sacar adiante o seu fogar e a súa empresa”

O presidente do PPdeG asegurou onte na Xunta Directiva Provincial de Pontevedra que “o Goberno galego está aliado con esa maioría que quere estabilidade, xestión e unidade para sacar adiante o seu fogar e a súa empresa” e que por iso os Orzamentos da Xunta para 2023 son “unhas contas realistas e deseñadas para paliar a incerteza”

Continue reading