Skip to content

Solicitude ao Goberno do Estado do cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de Dependencia

Solicitude ao Goberno do Estado do cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de Dependencia.

 

 

O 21 de outubro de 2019 a Xunta de Galicia deu a coñecer a Axenda cos asuntos máis urxentes  e  prioritarios  de  Galicia  que  o  Goberno  de  España  debía  atender  nos primeiros meses da por entón incipiente lexislatura. Con esta Axenda Galicia o Executivo galego clarificou, transparentou e publicou as necesidades prioritarias da Comunidade para o Goberno central, con independencia de cal fose a composición do mesmo.

Os   25  asuntos   da   Axenda  Galicia   enmarcábanse   en  cinco   eixos:   lograr   un financiamento máis xusto; cumprir os compromisos adquiridos en canto ás infraestruturas pendentes; defender sectores estratéxicos para a nosa economía, especialmente de tipo industrial; traballar conxuntamente para cumprir cos servizos públicos;  e  os  compromisos  do  Goberno  central  para  os  Anos  Santos  de  2021, ampliado con posterioridade a 2022, 2027 e 2032.

En relación á mellora dos servizos públicos, resulta indispensable o cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia para que a participación das comunidades autónomas e do Goberno central sexa equitativa.

A pesares do aumento da aportación estatal dos últimos exercicios, esta dista moito de cumprir as previsións establecidas na Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, coas dificultades que tal infrafinanciación supón para o conxunto da cidadanía. De feito, se o Goberno de España aportase o mesmo que Galicia, non existiría lista de agarda en dependencia.

Na actualidade, a Xunta de Galicia inviste tres veces máis que o Goberno central en prestacións de dependencia, achegando o 70 % fronte ao 30 % estatal. A este desequilibrio actual, súmase a débeda que o Goberno do Estado arrastra cos galegos e galegas nesta materia, e que xa supera os 2.000 millóns de euros.

Lonxe de corrixir esta situación, a pesares  de contar cos maiores orzamentos da historia  de  España,    o  desequilibrio  na  financiación  da  atención  á  dependencia continua, e o propio Goberno central xa recoñeceu que non vai dar cumprimento a súa promesa de achegar o 50% dos recursos nesta materia antes do remate da actual lexislatura.

Sen  embargo,  o  recoñecemento  dese  incumprimento,  non  foi  óbice  para  que  o Goberno presidido por Pedro Sánchez pretenda establecer criterios comúns para a prestación de determinados servicios de carácter social no conxunto do territorio nacional. Criterios que, mais aló das lexítimas discrepancias técnicas expresadas polos distintos gobernos autonómicos, suporían un considerable aumento de custe na prestación de servicios como as residencias, ou as escolas infantís que, unha vez mais, preténdese repercutir nas maltreitas facendas autonómicas.

Ao entender do Grupo Parlamentario Popular, a combinación de incumprimento en materia de financiación, sumada ao aumento de custes derivados da improvisación do Goberno central, resulta inaceptable, polo dobre impacto negativo que suporía, por unha banda sobre a facenda galega e, en segundo lugar sobre a accesibilidade aos servicios sociais.

Por todo o exposto, as deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno.

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:

1º.- O cumprimento do cofinanciamento do 50% da Lei de dependencia para que a participación da Xunta de Galicia e do Goberno central sexa equitativa, tendo especialmente en conta o desequilibrio acumulado desde a aprobación desta normativa en 2006.

2º.- Que renuncie a imposición unilateral de novas medidas ou regulacións que supoñan o incremento de custes na prestación de servicios públicos de carácter social, en tanto non se alcancen os niveis de cofinanciación previstos na Lei
39/2006 de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies