O Parlamento galego demanda ao Ministerio de Educación unha proba de acceso á universidade que garanta a igualdade de oportunidades para todos os estudantes de España

18 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se reclama ao Ministerio de Educación un modelo de proba ABAU con vocación de permanencia no tempo e que garanta a equidade e a igualdade de oportunidades na totalidade do territorio de España.

Continue reading

Paula Prado tacha de “chapuza” a Lei do ‘só si é si’ e asegura que se están deixando “desprotexidas ás mulleres e soas ás vítimas”

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegurou hoxe nunha rolda de prensa na sede autonómica do partido que a Lei do ‘só si é si’ é unha “chapuza lexislativa” que está deixando “desprotexidas ás mulleres e soas as vítimas”. De aí que os populares galegos pidan a dimisión da ministra de Igualdade, Irene Montero, da ministra de Xustiza, Pilar Llop; así como a reprobación de todo o Consello de Ministros por considerar que “Sánchez e todos e cada un dos seus ministros son responsables desta chapuza lexislativa”.

Continue reading